Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín incrementou o seu remanente de tesourería durante o primeiro exercicio do Goberno PSOE-BNG
O Concello de Verín incrementou o seu remanente de tesourería durante o primeiro exercicio do Goberno PSOE-BNG PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Abril 2017 17:53

O Goberno municipal deu hoxe conta, na sesión plenaria, dos resultados económicos do primeiro exercicio do actual executivo, 2015, que serán remitidos ó Ministerio de Economía. Segundo este documento, o remanente de tesourería aumentou, pasando do 1.705.026,79 millóns de euros en 2014 ós 2.341.195,86 en 2015. Este incremento, “amosa unha estabilidade orzamentaria exemplar e unha gran solvencia económica tras o primeiro ano de goberno PSOE-BNG”, afirmou o tenente de alcalde e concelleiro de Economía, Diego Lourenzo.

O remanente de tesourería é o saldo que permite coñecer, á fin de cada exercicio, a capacidade dunha administración para afrontar ás súas débedas. Segundo os datos presentados hoxe ó pleno, esta capacidade incrementouse, na primeira anualidade do bipartito de Verín en 636.169,07 euros.

Estes datos confirman, segundo Diego Lourenzo, “que o noso Goberno administra moito, e administra ben; porque o resultado das inversións realizadas están á vista de todos os veciños, pero tamén incrementamos a solvencia do Concello pasando de 1,7 a 2,3 millóns de euros grazas a unha adecuada xestión e á rigorosa administración dos recursos públicos”.

Neste sentido, os datos enviados ó Ministerio de Economía sobre o primeiro ano do actual goberno municipal de Verín confirman o cumprimento de todos os criterios de estabilidade orzamentaria requiridos polo Executivo central, como o axuste á regra de gasto e ós obxectivos de estabilidade financeira.

“Cumprimos todos os parámetros requiridos, nunha época difícil para as administracións, pero ademais o facemos incrementando os recursos do Concello”, sinalou Lourenzo.

Superávit

Neste sentido, o documento de peche de 2015 recolle un superávit nas contas do Concello de Verín de 174.156,22 euros, e un resultado económico-financeiro positivo (ingresos-gastos) de 704.285,95 euros, fronte ós 248.771,18 do 2014, datos que reflictan “a magnífica ordenación dos recursos de todos os veciños de Verín que fai o actual goberno, xa que temos máis solvencia, con máis programas públicos e máis recursos para os veciños de Verín”.

Descarga aquí os decretos oficiais referentes ás liquidacións presupuetarias dos exercicios 2014 e 2015:

- Expediente da liquidación do orzamento xeral do exercicio 2014

- Expediente da liquidación do orzamento xeral do exercicio 2015

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac