Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Ordinario: 19 de abril 2017
Pleno Ordinario: 19 de abril 2017 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Abril 2017 20:16

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:



 1. APROBACIÓN DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE DATA 2 DE XANEIRO DE 2017.

2. IMPOSICIÓN E ORDENACIÓN DE TAXAS (EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL MEDIANTE ESTACIONAMENTO DE VEHÍCULOS EN ZONA DE APARCADOIRO LIMITADO (O.R.A.)

3. MOCIÓN PLATAFORMA DEFENSA SANIDADE PÚBLICA-HOSPITAL VERÍN

4. ADHESIÓN AO SERVIZO DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS DE PROTECCIÓN CIVIL

5. MODIFICACIÓN TARIFAS DE SERVIZOS DE TRANSPORTE URBANO CON VEHÍCULOS AUTOTAXI

6. CAMBIO DENOMINACIÓN TRAVESÍA SOUSAS POR RÚA IRMÁNS CARRAJO

7. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLERÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 05.07.2016 ATÉ O 04.10.2016 AMBAS DÚAS DATAS INCLUÍDAS.

8. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA.

9. ROGOS E PREGUNTAS.

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a aprobación da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación do dominio público local mediante estacionamento de vehículos en zona de aparcadoiro limitado (o.r.a.) que se aprobou por 10 votos (4 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 7 votos en contra do Partido Popular. As tarefas que se aplicarán na zona ORA recollida nesta Ordenanza do servizo de ordenación e regulación do aparcadoiro de vehículos serán as seguintes:

TAREFAS

  • 1 a 24 minutos (mínimo): 0,20 €
  • 25 a 36 minutos 0,30 €
  • 37 a 48 minutos: 0,40 €
  • 49 a 60 minutos: 0,50 €
  • 61 a 72 minutos 0,60 €
  • 73 a 84 minutos 0,70 €
  • 85 a 96 minutos 0,80 €
  • 97 a 108 minutos 0,90 €
  • 109 a 120 minutos 1,00 €

O Pleno votou a favor, con 10 votos a favor (4 PSdeG-PSOE e 4 BNG) e 7 votos en contra de PP, da moción proposta pola plataforma defensa sanidade pública-hospital Verín na que se demandaba ao Concello de Verín a “Instar á Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade) ás seguintes cuestións dentro do Hospital de Verín”:

  • Dotar de efectivos necesarios á Unidade de Medicina Interna tendo en conta o aumento de pacientes na área de referencia. Así como a restitución do servizo de paliativos
  • Posta en marcha e dotación do servizo de HADO (Hospitalización a Domicilio)
  • Dotación de pediatría hospitalaria na Unidade de paritorio.

No referente a aprobación da adhesión ao servizo de coordinación de servizos municipais de protección civil o pleno aprobou, por unanimidade, a aprobar a adhesión do Concello de Verín ao servizo de Coordinación de servizos municipais de Protección Civil de recente creación na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e o compromiso do ente municipal a soportar os gastos que xere o novo servizo, incrementando ou creando a correspondente partida orzamentaria, segundo os criterios que se establezan para o reparto de seu custo.

Por outra parte, o pleno abordou a modificación tarifas de servizos de transporte urbano con vehículos autotaxi, que foi aprobada por  unanimidade, pola que se aprobaron as tarifas municipais do servizo de taxi nos seguintes termos:

 

CONCEPTO

TAREFA URBANA1

TAREFA URBANA 2

Baixada de bandeira

2,20 €

2,95 €

Quilómetro percorrido

1,02 €/km

1,15 €/km

Hora de espera

15,00 €/hora

18,00 €/km

TARIFA URBANA 1: Todos os días do ano de 7.00 a 21.00 horas

TARIFA URBANA 2: Todos os días do ano de 21.00 a 07.00 horas

 

En canto os punto seis, referente o cambio de denominación da Travesía Sousas por rúa Irmáns Carrajo, Diego Lourenzo explicou que nos últimos días o grupo de goberno, pese o seu consenso interno sobre o tema, detectou opinións encontradas entre os propios veciños,  “Como exercicio de democracia, decidimos retirar este punto da orde do día coa finalidade de alcanzar o máximo consenso popular sobre este asunto, escoitando a opinión de todos/as os/as veciños/as.” puntualizou Lourenzo.

O Presidente deu conta tamén os membros do pleno dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellerías delegadas, en materia de administración local, dende o 28.12.2016 até O 10.04.2017 ambas as dúas datas incluídas.

No apartado de rogos e preguntas interveu o  voceiro municipal, Diego Lourenzo, e portavoz do grupo popular Juan Manuel Jiménez Morán.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac