Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Charla- Espectáculo “De la rueda al láser” no Auditorio Municipal de Verín
Charla- Espectáculo “De la rueda al láser” no Auditorio Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Abril 2017 09:13

No marco das XIV Xornadas de Tecnoloxía de APETEGA – e coma o acto inaugural das mesmas-, mañá venres 21 de abril, ás 16:30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín a charla-espectáculo “De la rueda al láser” que será impartida por David Ballesteros, profesor e divulgador científico de gran experiencia especializado no mundo educativo, presenta un percorrido pola historia da humanidade e os cambios tecnolóxicos máis disruptivos, que permiten a entrada nunha nova era do coñecemento. Para dotala dun gran dinamismo, cada explicación irá acompañada con experiencias prácticas ilustrativas de gran espectacularidade.

O Concello de Verín patrocina este acto inaugural no cal a empresa Ceo Aberto, experta en divulgación científica e tecnolóxica, ofrecerá a charla-espectáculo de Ciencia “De la rueda al laser”, aberta a toda a comunidade educativa de Verín. “Desde o Concello de Verín decidimos patrocinar este espectaculo tecnolóxico para que todos/as os/as verineses/as poidan coñecer de primeira man, e dunha maneira didáctica e divertida, moitas das tecnoloxías que poderán utilizar de maneira cotiá nun futuro próximo”, explicou Seoane.

“De la rueda al láser”

Láser. Os láseres, por sorte ou por desgraza, non son como os vemos na Ciencia Ficción. Na charla analizarase a súa base tecnolóxica e os participantes poderán probar os usos que adoitan ser descoñecidos pola poboación, tales como a análise de aceites ou a construción dun microscopio low cost.

Para finalizar a charla, os participantes reflexionarán sobre as tecnoloxías que poderemos gozar nun futuro próximo. De forma ilustrativa, convidarase o público a xogar controlando a actividade cun lector de ondas cerebrais conectado ao seu cerebro.

XIV Xornadas de Tecnoloxía de APETEGA

Estas xornadas, que contan cun total de 120 prazas, teñen como principal obxectivo o intercambio e divulgación de experiencias didácticas dentro das aulas e de última aplicación. Para iso se organizan uns obradoiros aos que se poden inscribir profesores e que tratarán contidos sobre Programación,  Robótica,  Impresión  3D, Técnicas  didácticas  de aplicación  práctica  na  aula-obradoiro,  experiencias  innovadoras  para  a práctica docente na área, as TIC como recurso educativo, etc.

Descarga o programa de actividades no enlace http://ow.ly/KwwK30aAaHU

 




Guía da Comarca de Verín