Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O concello de Verín convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o día das Letras Galegas
O concello de Verín convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o día das Letras Galegas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Abril 2017 11:39

Co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. que terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o día 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas.

Bases do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

1ª. DOS/DAS CONCURSANTES. Poderán participar alumnos e alumnas matriculados en  Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

2ª. DAS CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO. O relato será orixinal, inédito, con temática e estilo libre, escrito en galego; a extensión non superará 2 DIN A4, escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12,  marxes estándar e un interliñado de espazo e medio.

3ª. DA SELECCIÓN DOS TRABALLOS, DOS DEREITOS DOS FINALISTAS E DOS PREMIOS

3.1. SISTEMA DE PRESELECCIÓN NOS CENTROS PARTICIPANTES E PRAZOS. A fase de preselección é a criterio de cada centro participante. Cada centro poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 relatos en cada unha das tres categorías. Cada relato irá asinado cun lema e acompañado dun sobre co lema no anverso e coa seguinte información no interior: nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo, do/a autor/a.

Os traballos seleccionados en cada centro enviaranse ou entregarase na Casa do Concello de Verín, antes das 14:00 h do día 5 de maio, venres.

3.2. FASE DE SELECCIÓN FINAL

3.2.1.    DA COMPOSICIÓN DO XURADO CUALIFICADOR. O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto, que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización.

3.2.2.    DAS DECISIÓNS  DO XURADO. As decisión do Xurado serán inapelábeis.

3.2.3.    DOS PREMIOS

3.2.3.1. DOS DEREITOS DOS FINALISTAS. Os autores e as autoras dos traballos finalistas recibirán un lote de libros, se participan no acto no que se farán públicos os relatos premiados. Para que poidan asistir, serán convocados con tempo e forma pola organización.

3.2.3.2. DOS TRABALLOS SELECCIONADOS PARA PREMIOS EN METÁLICO. En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios con dotación económica: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio), se  as persoas premiadas participan no acto no que se farán públicos. De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.

A organización resérvase o dereito de publicar calquera dos traballos que participen na fase de selección final, que pasarán a ser da súa propiedade.

A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases,

dándolle publicidade entre os centros participantes.

 

 Bases do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez

 1ª. DOS/DAS CONCURSANTES. Poderán participar alumnos e alumnas matriculados en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

2ª. DAS CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO. O poema será orixinal, inédito, con temática e estilo libre, escrito en galego; e non superará os 24 versos de extensión.

3ª. DA SELECCIÓN DOS TRABALLOS, DOS DEREITOS DOS FINALISTAS E DOS PREMIOS

3.1. SISTEMA DE PRESELECCIÓN NOS CENTROS PARTICIPANTES E PRAZOS. A fase de preselección é a criterio de cada centro participante. Cada centro poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 poemas en cada unha das tres categorías. Cada poema irá asinado cun lema e acompañado dun sobre co lema no anverso e coa seguinte información no interior: nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo, do/a autor/a.

Os traballos seleccionados en cada centro enviaranse ou entregarase na Casa do Concello de Verín, antes das 14:00 h do día 5 de maio, venres.

3.2. FASE DE SELECCIÓN FINAL

3.2.1.    DA COMPOSICIÓN DO XURADO CUALIFICADOR. O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto,  que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización.

3.2.2.    DAS DECISIÓNS  DO XURADO. As decisión do Xurado serán inapelábeis.

3.2.3.    DOS PREMIOS

3.2.3.1. DOS DEREITOS DOS FINALISTAS. Os autores e as autoras dos traballos finalistas recibirán un lote de libros, se participan no acto no que se farán públicos os poemas premiados. Para que poidan asistir, serán convocados con tempo e forma pola organización.

3.2.3.2. DOS TRABALLOS SELECCIONADOS PARA PREMIOS EN METÁLICO. En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios con dotación económica: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio), se as persoas premiadas participan no acto no que se farán públicos. De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.

A organización resérvase o dereito de publicar calquera dos traballos que participen na fase de selección final, que pasarán a ser da súa propiedade.

A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases,

dándolle publicidade entre os centros participantes.

 




Guía da Comarca de Verín