Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 42 finalistas nos Certames Literarios do Día das Letras Galegas de Verín
42 finalistas nos Certames Literarios do Día das Letras Galegas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Maio 2017 11:30

En total, corenta e dous alumnos e alumnas de seis colexios e institutos da comarca de Verín son finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas. Os certames contan, un ano máis, coa colaboración de Gadis. Tamén no marco do día das Letras Galegas terá lugar na Biblioteca Municipal, os días 16 e 26 de maio, un ciclo de conferencias dedicado a Carlos Casares.

Na gala, que se celebrará o vindeiro día 17 de maio, as 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín, recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. Como novidade, a gala contará este ano coa actuación conxunta de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro.

Na fase de selección de centros, cada un dos colexios e institutos participantes escolleu, en cada un dos dous certames, un máximo de tres traballos en cada un dos tres niveis (Primaria e 1º e 2º de ESO). O Día das Letras Galegas faranse públicos os resultados da selección final e  todos os autores que foron seleccionados nos centros respectivos recibiran un lote de libros e un diploma acreditativo. Ademais, en cada un dos tres niveis, o traballo seleccionado como primeiro premio obterá 90 euros; o segundo, 60; e o terceiro, 30 euros. O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto,  que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización.

O CEIP Amaro Refojo, o Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada de Verín, o CEIP de Laza e CEIP de Medeiros presentaron, en total, 18 alumnos finalistas en Primaria.

En ESO, os alumnos finalistas son 24 e proceden dos IES Castro de Baronceli e Xesús Taboada Chivite, e do colexio Plurilingüe María Inmaculada.

No Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez o número de finalistas ascende a 26 alumnos (12, Primaria; 9, 1º ciclo de ESO; e 5, 2º ciclo de ESO).

Foron finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez 16 alumnos (6, Primaria; 5, 1º ciclo de ESO; e 5, 2º ciclo de ESO).

Ciclo dedicado a Carlos Casares na Biblioteca de Verín

Tamén no marco do día das Letras Galegas terá lugar na Biblioteca Municipal un ciclo de conferencias de primeiro nivel dedicado a Carlos Casares, no que os asistentes  coñecerán dende diversos puntos de vista ao reputado escritor da Limia.


  •  Martes 16 maio: “Carlos Casares no País das Marabillas”,conferencia de Xosé Carlos Caneiro.

Biblioteca de Verín ás 19:30h.

  • 26 maio: “Casares na intimidade”, conferencia de Xavier Casares e Manuel Mandianes.
    Biblioteca de Verín ás 19:30h.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac