Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Ludoteca - Campamento urbano – 2017 abre o seu prazo de inscrición
A Ludoteca - Campamento urbano – 2017 abre o seu prazo de inscrición PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Maio 2017 11:27

Maña, venres 12 de maio ábrese o prazo de inscrición da  Ludoteca - Campamento urbano- para o ano 2017, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Este servizo, que busca cubrir o período estival dos/as menores, comezará o 26 de xuño e finalizará o 8 de setembro. O campamento urbano estará dispoñible en varios horarios, , de luns a venres, e con distribución por idades; ademais da contratación de persoal cualificado, fomentando o emprego xuvenil con nove monitores/as de tempo de lecer, doce  monitoras/es de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.

Ao igual que o ano pasado, o Concello de Verín ofrece un abano de horarios e prezos.

PREZOS E HORARIOS:

HORARIO DE 9:30 A 14:00 HORAS 

 

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

110

135

METADE SERVIZO

60

75

QUINCENA

30

40

SEMANA

20

25

 

HORARIO DE 8:30 A 14:30 HORAS 

 

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

145

170

METADE SERVIZO

80

95

QUINCENA

45

55

SEMANA

30

35

A Ludoteca de Verán – Campamento Urbano é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos, que se realizará nas instalacións dos Módulos do CEIP Amaro Refoxo, Colexio Princesa de España  e nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Salón de Actos da Casa da Cultura.

Para os menores de 3 a 10 anos: animación á lectura e contacontos, piscina, novas tecnoloxías ou cine infantil, obradoiros medioambientais, serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos/as. Celebraráse o San Fermín,  Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eibisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, actividades coa Cruz Vermella, Visita as Instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avóa, día da froita, día da música, día da igualdade e o desfile da Ludobatucada, no que eles/as mesmos/as realizarán os seus disfraces.

Para os menores de 10 a 14 anos: acampadas nocturnas, informática, rutas de sendeirismo, olimpiadas, xogos tradicionais, piscina, piragúismo,  xogos de mesa, obradoiros de pintura, barro e arcilla,… e como novidade, este ano haberá unha actividade chamada “ A VILA DO MAÑÁ”, un obradoiro de urbanismo e patrimonio que se desenrolará os días 10, 11, 12 13 e 14 de xullo en horario de mañá e de tarde. O obxectivo é que os participantes tomen conciencia do seu municipio, da súa historia, do seu entorno (coñecer o pasado, para entender o presente para así poder mirar hacia o futuro), e así achegarlles o urbanismo e o patrimonio dun xeito lúdico da man dun equipo de cinco arquitectos.

As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información  Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), em horario de 8:00 a 14:30 horas, por orde de inscrición e pago ata cubrir 200 prazas.  Preferencia para os empadroados, dando un prazo dunha semana dende a apertura de inscrición do servizo. Rematado este prazo poderán inscribirse os non empadroados. Para máis información contactar no teléfono  988414776.

 

 


 




Guía da Comarca de Verín