Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Día das Letras Galegas cruza fronteiras da man da Biblioteca de Verín
O Día das Letras Galegas cruza fronteiras da man da Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Maio 2017 13:16

O vindeiro 19 de maio, o persoal da Biblioteca Municipal de Verín xunto aos seus nenos Voluntarios/as (nenos de 9 a 17 anos), cruzarán a raia para celebrar unha sesión de contacontos e manualidades na aldea portuguesa de Cimo de Vila da Castinheira (distrito de Chaves -  Portugal), co gallo das Letras Galegas.

En concreto, serán dez nenos voluntarios e os dous técnicos municipais os que realizarán, na citada aldea portuguesa, unha actividade, de unha hora e media de duración, que consistirá na realización de manualidades, (unha galiña azul feita con materiais reciclados) e lectura de contos en galego (sobre todo centrado nos contos de Carlos Casares "A galiña azul").

Esta actividade foi premiada co galardón do ALTO PATROCINIO DO PARLAMENTO EUROPEO,  polo presidente do Parlamento Europeo, o Sr. D. Antonio Tajani, quen comunicou por carta,  que: «a organización destes actos, ilustra a nivel local, o que é precisamente a Unión Europea, un continente onde as persoas están unidas pola súa diversidade cultural, e que a promoción da literatura galega e a diversidade lingüística, é o xeito de estreitar relacións e cooperacións transfronterizas entre nenos e xoves dos dous países».

Deste xeito, unha vez máis, a Biblioteca do Concello de Verín volta a ser recoñecida a nivel europeo, pola labor de fomento á lectura o seu traballo no eido do Voluntariado e as magníficas relacións de traballo co país veciño, xunto a outros premios e galardóns recibidos, nestes anos, de institucións tales coma: UNESCO (2010), Ministerio de Cultura nos Premios María Moliner (do 2008 ao 2016), a Federación de Editores de España, Fundación Biblioteca Social (2011), Fundación Antena 3 (2010), etc.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac