Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Conservatorio de Verín leva o seu Concerto Didácico ao Auditorio Municipal
O Conservatorio de Verín leva o seu Concerto Didácico ao Auditorio Municipal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Maio 2017 13:37

O venres día 26, ás 20:30 horas, profesores e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán un concerto didáctico, enfocado a nenos entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos. Profesores, alumnos, o Grupo de Corda e a Banda do Conservatorio de Verín, interpretarán temas populares, clásicos e infantís, presentarán os instrumentos que ofrece o centro.

O Conservatorio Elemental de Música de Verín forma en clarinete, frauta travesera, guitarra, piano, saxofón, trompeta, trombón, viola e violín a persoas que comecen estudos entre os 8 e os 14 anos. Para os de 7 anos ofrece un Curso de Fundamentos Musicais. Para os de 6, un Curso de Música para os máis pequenos.

O concerto, que se celebrará no Auditorio Municipal de Verín, ten como obxectivo presentarlle aos participantes a sonoridade e a mecánica dos instrumentos que se estudan no Conservatorio Elemental de Música de Verín. A entrada será libre, ata completar aforo

O centro ofrece ensino oficial para nenos de idades comprendidas entre 8 e 14 anos, nas especialidades de clarinete, frauta travesa, guitarra, piano, saxofón, trompeta, viola e violín. Para nenos de  6 e 7 anos, o Conservatorio organiza un curso non oficial.



 




Guía da Comarca de Verín