Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Autores e obras gañadoras do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez 2017 e Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez 2017
Autores e obras gañadoras do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez 2017 e Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez 2017 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Maio 2017 11:24

Onte 17 de maio, ás 19:00 horas, celebrouse no Auditorio Municipal a gala de entrega de premios dos Certames de Relato Curto Antonio Fernández Pérez 2017 e de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez 2017. No acto recitáronse os poemas gañadores do Certame de Poesía e leronse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto. Como novidade, a gala contou este ano coa actuación conxunta de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro.

Para a fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez 2017 foron seleccionadas  26 narracións polos centros colaboradores: CEIP Amaro Refojo,CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP de Medeiros, Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite.

Na modalidade de 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio foi para o relato Rubio de Antonio Conde Rodríguez, alumno do CEIP O Castiñeiro de Laza; o segundo, O ollo do dragón de María Castro Fírvida, alumna do CEIP de Medeiros; e o terceiro, O meu gato Trébol de Brais Rivero Fernández, alumno do CEIP O Castiñeiro de Laza.

En 1º e 2º de ESO, o primeiro premio gañouno a narración Non somos ninguén de Aitana de Arriba Pantaleón, alumna do IES Xesús Taboada Chivite; o segundo, O pedaciño de tea de Uxía Martínez Barreal, alumna do IES Castro de Baronceli; e o terceiro, Quizais de Sheila Prieto Estévez, alumna do IES Castro de Baronceli.

Na modalidade de 3º e 4º de ESO, o primeiro premio conseguiuno o relato Adeus de Noelia Gallego Campos, alumna do Colexio María Inmaculada; o segundo premio, Ningures de Marta Barja Barja, tamén alumna do Colexio María Inmaculada; e terceiro premio, Pingas de Inés García Nóvoa, alumna do mesmo centro que as anteriores.

Á fase final do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez 2017 chegaron 16 obras creadas por alumnado do  CEIP Amaro Refojo, Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite.

Na modalidade de 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio foi para o poema A guerra de Paula Gago Prieto, alumna do CEIP Amaro Refojo; o segundo, Un heroe xa esquecido de Raúl Vega Pazos, alumno do CEIP Amaro Refojo; e o terceiro, O que vexo dende a miña casa de Elba Pazos Cid, alumna do Colexio María Inmaculada.

En 1º e 2º de ESO, o primeiro premio foi outorgado a poesía Ao outono de Pablo Villarino Rivero, alumno do IES Xesús Taboada Chivite; o segundo, Non hai nada imposible de Gisela Dapía Pérez, alumna do IES Xesús Taboada Chivite; e o terceiro, Libre é o sorriso de Noa Lombao González, alumna do Colexio María Inmaculada.

Na modalidade de 3º e 4º de ESO, o primeiro premio recaeu no poema Vive de Lucía González Dapía, alumna do Colexio María Inmaculada o segundo, Bágoas nos meus ollos de Omaima Fathallah, alumna do IES Xesús Taboada Chivite; e o terceiro, Xa non hai dor de Estefanía Fernández Rodríguez, alumna do Colexio María Inmaculada.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín