Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín rinde a súa homenaxe a Gerardo Fernández Pousada “Geri”
O Concello de Verín rinde a súa homenaxe a Gerardo Fernández Pousada “Geri” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Maio 2017 11:05

Gerardo Fernández Pousada "Geri", o creador e impulsor da marca verinesa de bicicletas Ciclowood, e recentemente falecido á temperá idade de 36 anos, conta desde este venres cunha placa dedicada situada no novo carril bici da Avenida de Laza.

O tenente de alcalde e portavoz municipal, Diego Lourenzo, quixo expresar  en nome do grupo de goberno o “orgullo de que o este primeiro Carril Bici de Verín xa leve o nome de Geri Fernández. Humilde e merecido homenaxe para o veciño emprendedor, alegre e loitador que foi exemplo de tanto, para todos/as os/as verineses/as”.

Ciclowood foi fundada en 1943 por D. Francisco Fernández Fernández en Vilela (Verín, Ourense). Ao longo dos seus sesenta e nove anos de existencia sufrio varias ampliacións, partindo dun carácter artesanal evoluciona ata a súa actual estrutura, mostrándose sempre receptiva ás esixencias da contorna e camiñando acorde cos tempos. Actualmente, o seu irmán Francisco Fernández e o seu pai Gerardo continúan traballando, dotados da máis alta tecnoloxía para o tratamento da madeira, no proxecto do máis novo da cuarta xeración desta saga de carpinteiros locais.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac