Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis dun centenar de nenos participaron na festa de fin de curso dos programas “Kero-Kolo” e “Kero-Kedar”
Máis dun centenar de nenos participaron na festa de fin de curso dos programas “Kero-Kolo” e “Kero-Kedar” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Xuño 2017 18:38

Cento trinta nenos e nenas participaron  onte, xunto cos seus proxenitores, na festa de fin de curso dos programas 'Kero-Kolo' e 'Kero-Kedar', con actividades lúdicas e deportivas.

Esta iniciativa tivo lugar no polideportivo do complexo deportivo de a Granxa, e na mesma participaron os/as menores, pais e nais integrantes nos dous programas. Entre as actividades programadas estiveron obradoiros de paracaídas, pintura de cara e mans, diana, traballos de horta, circuíto de psicomotricidade , pesca, tragabolas, e unha merenda infantil. En termos de seguridade, a xornada contou coa presenza de efectivos do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Cruz Vermella.

Por outra banda, xa se abriu o prazo de inscricións para a vindeira edición dos programas 'Kero-Kolo' e 'Kero-Kedar', para o ano 2017-2018, que debe realizarse no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988-414776; tamén no no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no teléfono 988-411468.

O programa 'Kero-Kolo' é un espazo de encontro entre pais/nais e nenos/as, de dous a tres anos de idade, onde conxuntamente coa familia e a persoa directora das sesións aprenden a relacionarse entre eles. O mesmo busca crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os/as menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas por todos/as os/as participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás. Mentres que o 'Kero-Kedar', destinado a nenos/as de idades comprendidas entre 3 e 4 anos, trátase dun espazo de xogo e aprendizaxe entre iguais que serve de conciliación para as familias. Os programas 'Kero-Kolo' e 'Kero-Kedar' atópanse enmarcados dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín.

GALERÍA DE IMAXES  

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac