Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade da Agua mostra o seu potencial na feira de Expocidades, en Vila Real
A Eurocidade da Agua mostra o seu potencial na feira de Expocidades, en Vila Real PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Xuño 2017 13:20

Unha ampla representación das cidades galegas e portuguesas integradas no Eixo Atlántico, entre elas a Eurocidade Chaves-Verín, mostrarán o potencial do turismo de proximidade na cuarta edición da Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico, Expocidades, que se realizará en Vila Real do 15 ao 17 de xuño.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín presentará  o primeiro producto turístico transfronterizo da Unión Europea basado na promoción do termalismo: A Ruta Termal e do Agua Verín-Chaves-Vidago. Esta ruta forma parte, desde o 2015, do Itinerario Cultural Europeo que conforma a Asociación Europea de Villas Termales Históricas (EHTTA), apoyado por o Consello de Europa.

A ruta permite conocer a riqueza en manantiales mineiromedicinales del destino e, ao mismo tiempo, as tres vilas históricas surxidas en torno a eles: Verín, Chaves e Vidago. A creación do pasaporte da Ruta Termal e de Agua permite non só certificar, como orientar ao turista no disfrute dos recursos.

25 stands ocuparán unha feira que mostrará as posibilidades turísticas das cidades participantes, unha oferta centrada no turismo de proximidade dada a relativa distancia que existe entre as cidades galegas e as portuguesas e a variedade de ofertas para o visitante.

Expocidades, escaparate do potencial turístico das cidades que integran o Eixo Atlántico, chega este ano á súa cuarta edición, despois de pasar por Lugo, Pontevedra e Viana do Castelo. A exposición terá lugar en pleno centro da cidade, na Alameda de Grasse en Vila Real. Paralelamente ao desenvolvemento da feira terán lugar outras actividades como degustacións de produtos típicos das cidades (doces, pan, viños, conservas) actuacións musicais, entre outras. A entrada é gratuíta.

Os stands nesta cuarta edición de Expocidades son:

-Foro termal, con representantes do Grove, Caldas, Tui, Santo Tirso.

-Carballo

-O Carballiño-Terras do Avia

-Deputación de Lugo

-Lalín

-Narón-Ferrolterra-Rías Altas

-Lugo

-Monforte de Lemos

-Ourense

-Pontevedra

-Riveira

-Eurocidade Chaves-Verín

-Braga

-Bragança

-Douro Alliance (Vila Real e Peso da Régua)

-Viana do Castelo

-Vila Nova de Gaia

-Vila do Conde

-Vila Nova de Famaliçao

-Barcelos

-Matosinhos

-Macedo de Cabaleiros

-Maia

Ademais haberá un stand para degustacións de distintos municipios e o Eixo Atlántico terá o seu propio expositor.

Creada hai 25 anos, a entidade transfronteiriza é unha das principais referencias do que acontece na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, que agrupa as 37 principais cidades e entidades da Galiza e do Norte de Portugal.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac