Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O comercio local de Verín aposta pola innovación creando un catálogo on line de ofertas dos seus asociados
O comercio local de Verín aposta pola innovación creando un catálogo on line de ofertas dos seus asociados PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Xuño 2017 12:22

A asociación de empresarios de Verín, da un paso máis na súa aposta por utilizar internet para fortalecer o comercio, aumentando a competitividade e estando máis preto dos seus clientes a través das campañas na web e nas redes sociais.

Tras o éxito da noite de compras, que foi valorado moi positivamente por todos os participantes, agora a atención está posta na páxina web da asociación, na que xa está dispoñible o primeiro catálogo de ofertas dos asociados.


Esta campaña, financiada pola Consellería de Industria e Comercio,  responde ao obxectivo de potenciar a presencia do comercio local en internet, e forma parte dunha estratexia máis ampla que comezou fai dous anos a asociación reforzando o uso das redes sociais con campañas como #EuMercoEnVerín, que a día de hoxe xa forma parte do vocabulario da vila.

“Gracias ás redes sociais establecemos un diálogo directo cos nosos clientes, sabemos o que lles gusta e o que non, detectamos o que esperan de nos. Antes da irrupción das redes sociais, si un cliente non estaba satisfeito ou non atopaba o que quería, non sempre o sabiamos, agora temos a oportunidade de saber a súa opinión, escoitalo, e mellorar” estas palabras de Jose Angel Rodicio, xerente de CCU AEVER recollen o sentir dos comerciantes.


O catálogo de ofertas ten unha vixencia mensual e recolle as ofertas de 20 negocios de diferentes sectores, polo que ademáis de servir como medio de difusión dos produtos e servizos funciona tamén como un escaparate da diversidade de negocios que existen na vila.


Durante o último ano, o número de asociados a CCU AEVER aumentou, e entre os obxectivos marcados pola asociación está contemplado seguir recibindo novos asociados e realizar campañas conxuntas.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac