Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Loito oficial polo incendio acaecido en Pedrógao Grande (Portugal)
Loito oficial polo incendio acaecido en Pedrógao Grande (Portugal) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Xuño 2017 11:25

Por mor do terrible incendio acontecido o pasado sábado en Pedrógão Grande (Portugal), e co fin de mostrar as nosas condolencias e solidariedade coas familias das vítimas, o Concello de Verín decreta un loito oficial que dará comezo hoxe, día 19 de xuño de 2017 -ás 12:00 horas- e finalizará mañá 20 de xuño de 2017, a mesma hora. Durante este tempo, as bandeiras da casa consistorial ondearán a media asta.

Segundo sinalou o alcalde en funcións Diego Lourenzo “A solidariedade é o sentimento que mellor expresa o respecto pola dignidade humana e hoxe, todo o pobo de Verín máis eu estamos con Portugal. Vaia dende aquí, a nosa vila, toda a forza e afecto para os nosos irmáns portugueses”.

 




Guía da Comarca de Verín