Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Contacontos musical “O mundo de Carliños” de Luís Vallecillo na Biblioteca de Verín
Contacontos musical “O mundo de Carliños” de Luís Vallecillo na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Xuño 2017 11:37

O vindeiro mércores 21 de xuño, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a xornada de contacontos “O Mundo de Carliños”, de Luís Vaecillo, unha proposta orixinal na que se xuntan a música e os monicreques para dar a coñecer a obra do autor homenaxeado este ano nas letras galegas: Carlos Casares.

Antes de ser escritor, Carlos Casares foi neno e xa entón soñaba con máxicos personaxes que facían voar a súa imaxinación: unha galiña azul, as laranxas máis laranxas de todas as laranxas ou un can chamado Rin... Descubre "O mundo de Carliños" no contacontos musical de Luís Vallecillo.

Esta actividade, enmarcada na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal, está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 




Guía da Comarca de Verín