Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Un centenar de nenos disfrutaron do San Fermín na Ludoteca da Comarca
Un centenar de nenos disfrutaron do San Fermín na Ludoteca da Comarca PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Xullo 2017 13:51

O servizo da ludoteca de Verán – Campamento Urbano do Concello de Verín-  organizou, con motivo da festividade en honra a San Fermín, unha xornada de xogos para un centenar de nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. 18 monitoras encheron a mañá dos rapaces con multitude de actividades e risas.

Durante o Xogo de San Fermín os monitores do servizo non só lles explicaron aos menores a historia desta festa senón que programaron  unha representación teatral que amosaba o tradicional “chupinazo”. Nesta xornada tivo lugar a realización de sete probas lúdico-educativas relacionadas con San Fermín e un “encerro” cun toro que acabou escapando dos nenos e non o revés.

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores.  Durante estes meses tamén se programarán iniciativas específicas como a  Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, Educamóvil, actividades coa Cruz Vermella, visita as instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, día da froita, día da música, día da igualdade e o desfile da Ludobatucada, no que eles/as mesmos/as realizarán os seus disfraces. Ademáis de acampadas nocturnas, informática, rutas de sendeirismo, olimpiadas, xogos tradicionais, piscina, piragúismo,  xogos de mesa, obradoiros de pintura, barro e arcilla...

 




Guía da Comarca de Verín