Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mercadona contribue con 63.984,50€ para mellorar o Aparcamento Libre Provisional nº 3
Mercadona contribue con 63.984,50€ para mellorar o Aparcamento Libre Provisional nº 3 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Xullo 2017 13:50

A entidade Mercadona S.A contribuíu co Concello de Verín, co ingreso de 63.984,50€ que serán destinados integramente para o reacondicionamento do Aparcamento Libre Provisional nº 3, con entrada dende a rúa Rosalía de Castro, en fronte a entidade, e saída por a rúa Elvira Carreira.

O Concello de Verín procederá a contratación das obras necesarias para levar a bo fin o proxecto, supervisará a súa adecuada execución e procederá a recepción por o servicios técnicos municipais, cunha culminación prevista para antes do 31 de agosto de 2017.


“Cúmprese un ano de éxitos no que a nosa vila se ten convertido nun referente de políticas de movilidade grazas aos aparcamentos. En Verín circúlase mellor, aparcase mellor, hai menos trafico, a xente pode acceder aos comercios e os servizos, e grazas a este proxecto temos mellor calidade de vida para os nosos veciños” afirma Diego Lourenzo Moura, Tenente Alcalde de Verín.

A parcela reacondicionada destinarase o aparcamento libre de vehículos, aberto ao público as 24 horas do día durante todo o ano, sen que existan barreiras que impidan o acceso ao mesmo, nin un importe por a súa utilización. En momentos puntuales, a Policía Local e o Concello regularan o acceso, exercendo as súas funcións de ordenación do tráfico.

 




Guía da Comarca de Verín