Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dende o martes estará a venda o libro “Contos e lendas do Val de Monterrei”
Dende o martes estará a venda o libro “Contos e lendas do Val de Monterrei” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Xullo 2017 08:48

A partir de hoxe o libro de “Contos e lendas do Val de Monterrei”, estará a venda na Biblioteca Pública Municipal e nas seguintes librarias: Librería Pica Pica, Monterrei, Papiro, Imprenta Dixital-Carlín, AZ, Dasairas, Rincón del Libro, cun prezo de 9,95 Euros.

Trátase dunha obra conxunta, coordinada polo escritor verinés Xosé Carlos Caneiro hai vinte anos, que recompila contos de tradición oral de diversas temáticas (meigas, demos aparicións, mouros, tesouros, oficios, animais, cregos, etc...). Devandita obra foi ilustrada por autores de Verín e comarca, que prestaron de xeito desinteresado a súa creatividade para acompañar os textos.

Cabe destacar que Xosé Carlos Caneiro e o resto de participantes na recompilación dos contos e lendas, así coma todos os ilustradores e ilustradoras, cederon os dereitos para a edición desta obra por parte do Concello de Verín,  reixentando calquera tipo de ingreso derivado da venda deste libro, sendo todo o recaudado destinado ao fondo da Biblioteca Municipal.

Esta obra contén unha recompilación das lendas e contos propios do Val de Monterrei que a tradición oral conservou en todas as localidades da zona, e que foron recollidos mediante un traballo de campo de varios anos por os alumnos dos centros escolares da vila.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín