Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín e O C.R.D.O. Monterrei e asinan un convenio de colaboración para a XII Feira do Viño de Monterrei
O Concello de Verín e O C.R.D.O. Monterrei e asinan un convenio de colaboración para a XII Feira do Viño de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Xullo 2017 15:42

O presidente do C.R.D.O. Monterrei, José Antonio Dá Silva, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, acaban de asinar un convenio de colaboración destinado á organización dunha nova edición da Feira do Viño de Monterrei.

O mesmo recolle cada unha das accións que abonará cada unha das entidades organizadoras, co obxecto de plasmar en papel unha cuestión que se realizou ata o momento de modo verbal. No devandito convenio figuran cuestións como montaxe do recinto feiral, Acto da Confraría dos Viños de Monterrei, actuacións musicais ou publicidade, entre outros.

Os primeiros resultados da colaboración entre o Consello Regulador e o Concello de Verín, para a organización da XII Feira do Viño de Monterrei, xa están a ser visibles; xa que ademais de participar conxuntamente na elección do cartel anunciador desta festa, están a articularse de modo común as restantes accións deste evento vitivinícola, o máis importante do ano para a Denominación de Orixe Monterrei.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac