Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A representación teatral “Los dos gemelos venecianos” chega a Verín o vindeiro 21 de xullo.
A representación teatral “Los dos gemelos venecianos” chega a Verín o vindeiro 21 de xullo. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Xullo 2017 13:13

O vindeiro 21 de xullo, ás 21:00 horas, actuará no Auditorio de Verín, MDM Producciones coa obra de teatro “Los dos gemelos venecianos”. Unha produción teatral destinada a o disfrute de toda a familia.

Tonino e Patricio son dous xemelgos separados dende nenos e que non se viron nunca, aínda que saben a existencia do outro. Tonino é tan bobo, simple e pegado a terra como Patricio audaz e vividor. A chegada dos dous a Verona, provocará mil erros. Tonino ven desde Bérgamo a casarse con Lisaura e Patricio dende Venecia a buscar a súa amarte Giannina... Os constantes enredos farán as delicias dos espectadores.


O vindeiro xoves 20 de xuño, o Concello de Verín poñerá a disposición do público as entradas  (gratuítas e numeradas) no Auditorio Municipal.

MDM Producciones:

MDM Producciones leva máis de dúas mil representacións de maneira itinerante durante vinte anos de traxecto, a nivel nacional e internacional; presentaron todo tipo de espectáculos teatrais: comedias, clásicos e musicais... e agora aterran na nosa vila con esta nova produción, para facernos rir coa historia destes dous irmáns.

 




Guía da Comarca de Verín