Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas COMUNICADO DE LLEGA800
COMUNICADO DE LLEGA800 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Xullo 2017 13:20

Tal e como foi comunicado ao Concello ao comezo da prestación do servizo de telefonía móbil de 4ª Xeración (4G na banda de 800 MHz), este servizo pode producir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.

De acordo á Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.

Mediante a presente comunicación informámoslle que xa está vencido o prazo habilitado de 6 meses, desde o aceso das estacións situadas no municipio, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns.

Non obstante, infórmase que o 31 de Xullo finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polas estacións ás que se refire o parágrafo anterior.

No futuro, no seu municipio poderíanse acender novas estacións basee de telefonía móbil, na banda de 800 MHz, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo, nese caso volveríase a informar o Concello e atenderíanse de forma gratuíta as incidencias que se producisen, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.

En caso de calquera dúbida ou de requirir información máis detallada sobre as estacións do seu municipio pode chamar ao teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA800, 900 831 902, onde se lle facilitará toda a información referente ás posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móbil no seu municipio ou en municipios lindeiros. Se os veciños do municipio queren poñerse en contacto con chega800, poden chamar ao 900 833 999.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac