Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín inaugura a exposición fotográfica “Toro, lembranzas dunha aldea”
A Biblioteca de Verín inaugura a exposición fotográfica “Toro, lembranzas dunha aldea” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Agosto 2017 13:01

Dende o 7 ata o 11 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Verín  acolle a exposición fotográfica "Toro, lembranzas dunha aldea", de Beni Rodríguez, título homónimo ao libro que a propia autora, vai presentar e facer a clausura da exposición o día 11 de agosto ás 20:00 horas na propia Biblioteca.

A exposición recolle un traballo de recompilación fotográfica, que fixo Beni Rodríguez e que máis tarde materializouse no libro que leva o mesmo nome. A propia autora reflicta o agradecemento: «a toda a xente que me axudou neste traballo, que me contou historias da súa vida, que compartiu comigo as súas vivencias, que me prestou fotos para poder achegarme a eses tempos pasados. Foron moitos os que me deron datos, os que me falaron dos seus recordos. Por iso este libro é de todos e para todos».

A exposición estará aberta ao público no mesmo horario que a biblioteca municipal, de Luns a Venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

 




Guía da Comarca de Verín