Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno extraordinario urxente: “Declaración Institucional sobre os Incendios de Verín”
Pleno extraordinario urxente: “Declaración Institucional sobre os Incendios de Verín” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Agosto 2017 12:17

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria urxente na que a Corporación Municipal, á luz dos acontecementos ocorridos durante o incendio forestal do pasado día tres de agosto, iniciado en Vilamaior e que inmediatamente se propagou por Queirugás ata penetrar no Concello de Riós e Vilardevós, acordou enviar aos organismos pertinentes a seguinte declaración institucional.:


  1. 1. En primeiro lugar manifestamos a nosa indignación e repulsa pola acción de xente sen escrúpulos que utiliza o monte e o noso patrimonio natural para resolver intereses ocultos ou, simplemente, co obxecto de facer dano ao conxunto da sociedade. Este tipo de individuos merecen o noso absoluto desprezo e reclamamos a actuación rigorosa, dilixente e eficaz do aparello xudicial e das forzas de seguridade para identificalos e darlle o seu merecido castigo.

  1. 2. Manifestar a nosa solidariedade coas afectadas e afectados, así como poñernos a súa disposición para informarlles das medidas compensatorias que poidan ser do seu interese.

  1. 3. Manifestar o noso agradecemento a todas as traballadores e traballadores dos distintos servizos de extinción, forzas de seguridade e voluntariado que participaron no operativo contra o lume.

  1. 4. Demandar da Xunta de Galicia o inicio canto antes das tarefas de restauración e repoboación forestal nos montes de Vilamaior e Queirugás, ademais das medidas de protección necesarias para evitar a erosión e perda da capa vexetal dos montes na época de chuvias.

 

RECLAMAMOS

  1. 1. Consideramos que o Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais (SPDCIF) necesita nesta comarca, e por extensión no sur de Ourense, de profundos axustes que concretamos en :

  • Mellora do sistema de detección e vixilancia dos focos incendiarios
  • Mellora no ámbito preventivo de investigación e vixilancia das zonas que historicamente actúan os incendiarios.
  • Utilización de medios tecnolóxicos adecuados para a vixilancia.
  • A zona sur de Ourense necesita dispoñer de máis medios aéreos de carga en terra ou aparatos anfibios e garantir un ataque en secuencia aos lumes con máis axilidade e eficacia
  • Cremos que se deben retomar as brigadas de reforzo do verán contratadas pola administración, operativas dende o comezo da época de alto risco, e prescindir das brigadas municipais, salvo os Grupos de Emerxencia Supra municipais (GES).

2. Demandamos da Xunta de Galicia un maior investimento en materia preventiva en colaboración cos concellos establecendo convenios para a xestión de biomasa nas franxas de protección de núcleos e nas vías de comunicación municipais, ampliando a dimensión desa faixa que consideramos insuficiente.

3.         Demandamos da Xunta de Galicia que aplique unha nova organización do territorio de xeito racional facendo fincapé no uso do chan, uso dos recursos do chan e desenvolvemento sostible.

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente en funcións, Diego Lourenzo, someteu votación o punto referente a Declaración institucional sobre os incendios de Verín 2017,  que se aprobou por 8 votos (4 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 7 votos en contra do Partido Popular, polo que se acordou:

 

1. Enviar a DECLARACIÓN á Xunta de Galicia, nomeadamente á Consellería do Medio Rural e demandamos que teña en conta estas cuestións e informe ao Concello de Verín das súas decisións sobre esta materia.

2. Enviar a DECLARACIÓN ás distintas forzas políticas que compoñen o Parlamento de Galicia.

 




Guía da Comarca de Verín