Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A CIG celebra, os días 11, 12 e 13 de agosto, a III Homenaxe ás vítimas do franquismo en Verin
A CIG celebra, os días 11, 12 e 13 de agosto, a III Homenaxe ás vítimas do franquismo en Verin PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Agosto 2017 08:02

Tras as homenaxes celebradas nos anos 2011 (1ª) e 2015 (2ª), a Unión Local da CIG de Verín e A Limia organizan a III Homenaxe ás Vítimas do Franquismo na Comarca de Monterrei, os próximos días 11, 12 e 13 de Agosto.

  • 11/08/17. Ás 20.00 horas. Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. A cargo do Secretario da UL da CIG de Verín e A Limia: Luís Ferreiro en colaboración coa autora, a antropóloga portuguesa, Paula Godinho: Presentación do libro “O futuro é para sempre”; Publicación que trata sobre os mecanismos socialmente construídos, polas povoacións entre as comarcas raianas entre Portugal e Galiza, para a resolución dos seus problemas cotiás. Entre outros, un capítulo adicado  ás “traballadoras textis de Verin”, analizando os seus modos de comportamento e as súas relacións sociais e laborais.


  • 12/08/17. Ás 20.00 horas. Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín;  Presentación do libro “Os nomes do terror” A cargo do Secretario da UL da CIG de Verín e A Limia: Luís Ferreiro en colaboración co cordinador da publicación, o historiador: Dionisio Pereira; Traballo único, no que por primeira vez en Galicia, se sinalan as identidades, historias, miserias e crimes dos fascistas que protagonizaron os asasinatos derivados da represión franquista. 


  • 13/08/17. Ás 22.00 horas. Praza da Mercé de Verín. 1. Acto de Homenaxe ás Vítimas do Franquismo na Comarca de Monterrei; Trara da figura do veciño de Verín e guerrilleiro da II Agrupación do Exército Antonio Pérez Barreiros, falecido na nosa vila no ano 2012. Entregándose, asemade, a súa viuva Isabel do Barrio, unha lembranza ó guerrilleiro de Galiza.  2. Presentación do filme: “O silencio”; A cargo do realizador verinés Xosé Lois Santiago, sobre os acontecimentos de 1946 en Cambedo da Raia (Chaves), con intervención dos autores: António Loja Neves e José Manuel Alves Pereira. 3. Proxección do filme "O Silencio" ao aire libre;A aldea de Cambedo da Raia, no distrito de Chaves, Trás-os-Montes, a poucos metros da Galiza, foi cercada e atacada en 1946, no discurso dun episódio armado, derivado do golpe franquista de xullo de 1936. Cambedo, cercado pola Garda Civil, polo Exército portugués, pola Garda Nacional Republicana e pola PIDE, foi asediada por varios tiros de morteiro no día 21 de Febereiro de 1946. Dous guerrilleiros morreron, un cativo foi ferido e varios casas quedaron destruídas, debido a que ali acubillaronse dende a Guerra Civil un comando de guerrilleiros galegos. Esta aldea, perdeu durante mais dun ano a 18 dos seus habitantes, que foron prendidos na cárcere de O Porto preventivamente até ao xulgamento que tuvo lugar en decembro de 1947. Durante longo tempo este asunto permaneceu na sombra,  cos fascistas ibéricos impoñendo a sua versión. Os habitantes de Cambedo arrastraron moito tempo a reputación de malfeitores. Algúns non indicaban a súa propria aldea de nacemento nos documentos oficiais, para evitar o agravio que se lle asociaba. En dezembro de 1996, nunha acción cívica levada a cabo por un conxunto de galegos/as, resgatouse a memoria da solidariedade raiana e con ela a auto-estima local. Foi nese momento colocada unha placa no centro da aldea: "En lembranza do voso sufrimento (1946-1996)."  O filme lembra o acontecimento pasado nesta localidade situada no extremo norte de Portugual e recolle a testemuña das persoas da aldea de Cambedo que estiveron 50 anos obrigados a manter silencio, sen poder falar deste episodio tráxico. 
 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac