Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Roi Casal chega a Verín co seu espectáculo “Son galego, Son cubano”
Roi Casal chega a Verín co seu espectáculo “Son galego, Son cubano” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Agosto 2017 11:48

O vindeiro 13 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza García Barbón, será o escenario do espectáculo musical de Roi Casal, “Son galego, Son cubano”. Esta actuación está incluída no programa da XII edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.

“Son galego, Son cubano”, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de Maio de 2016 con dous memorables concertos. Un fantástico show con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira de ese mesmo ano.

Financiado por o Concello de Verín, este é un dos moitos espectáculos musicais e teatrais que terán lugar esta fin de semana na vila. A XII Feira do Viño de Monterrei é un importante acontecemento verinense, unha cita coa gastronomía, as artes e, por riba de todo, co viño.

“Son galego, Son cubano”

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

 




Guía da Comarca de Verín