Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O contacontos “Romaría” aterrara no servizo de biblio-piscina
O contacontos “Romaría” aterrara no servizo de biblio-piscina PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Agosto 2017 10:54

A nosa veciña, Raquel Queizás, volta un ano máis as actividades da Biblio-Piscina. Actuará o vindeiro domingo 13 de Agosto nas Piscinas descubertas da Granxa, de 18:00h a 19:00h, e está dirixido a nenos a partir de 3 anos.

Romaría recolle a narración oral, onde as nosas lendas tradicionais lles achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido.

Esta actividade entra dentro do programa “LER CONTA MOITO” organizado por a Biblioteca Municipal do Concello de Verín en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria.

LER CONTA MOITO

É un programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo 186 actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atractiva.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac