Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cincuenta nenos verineses participan no campamento do Invernadeiro 2017
Cincuenta nenos verineses participan no campamento do Invernadeiro 2017 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Agosto 2017 10:24

Unha expedición de cincuenta rapaces, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, participan dende hoxe luns 21 ata o 26 de agosto no campamento do Parque Natural do Invernadeiro 2017.

Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os cativos coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre eles e co entorno.


Por este motivo, e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora, realizarán, a través do xogo e a diversión, rutas de sendeirismo guiadas por un biólogo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro; tamén actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.

O día 26 regresan e sube outra expedición de 35 rapaces con idades comprendidas entre os 12 e 15 anos que estarán no Parque Natural do Invernadeiro ata o día 31 de agosto.


A ludoteca de verán -campamento urbá prepara tamén para rematar o mes de agosto as seguintes actividades:

 Mañá día 22 pola noite, última acampada nocturna. O 25 de agosto festa do sombreiro, os rapaces decorarán coas súas familias os sombreiros con adornos, pinturas…

O 28 de agosto un taller de nutrición para os rapaces, o cal poderán acudir as familias a unha charla informativa que se dará na Casa da Cultura de 10:30 a 11:15 e de 11:45 a 12:30 horas. Ese día os rapaces levarán froita variada para a elaboración de receitas.

O día 30 de agosto ludoteca móbil da Diputación de Ourense, unha iniciativa cultural co obxetivo de mellorar as relacións entre cativos a través do xogo. Entre as actividades programadas dentro desta iniciativa está unha obra de teatro, unha carpa interactiva con simulador de condución, karaoque, playstation, toro mecánico, talleres, inchables...

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac