Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CONCELLO DE VERÍN COMEZA AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE DIA NA PRAZA DE ABASTOS
O CONCELLO DE VERÍN COMEZA AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE DIA NA PRAZA DE ABASTOS PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Agosto 2017 12:26

Desde hoxe a mañá, o Concello de Verín xa se encontra traballando na construción do Centro de Día na Praza de Abastos, situada na praza Maior. Conta cun orzamento de 126.390,97 euros, e permitirá a dotación de 36 prazas para maiores, nun espazo de 380 metros na planta de abaixo do edificio municipal, onde ata agora se atopaba a Escola de artes e Oficios que actualmente imparte as súas clases nos edificios anexos á lonxa agropecuaria (antiga cafetería).

Gerardo Seoane, alcalde de Verín, explicou que a construción deste novo centro de día é “unha das maiores demandas da poboación verinesa que permitirá que moitos maiores da vila non teñan que desprazarse para recibir este tipo de servizo e poidan estar máis preto das súas familias, mellorando así a calidade de vida de todo o entorno familiar”.

O primeiro Centro de día de Verín contará cos espazos esixidos legalmente para albergar a 36 usuarios para o que será necesaria unha reforma interior que dotará ás instalacións de unha sala polivalentes, sala de cura e o resto das dependencias de servizo, ademais dunha sala de rehabilitación. A súa céntrica ubicación permitirá “dar un novo uso a este edificio histórico, prestando servizo ós maiores de todas as zonas da vila que desta forma integraranse dentro da vida a cidade en lugar de estar en sitios apartados”, explicou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo.

O orzamento inicial do proxecto é de 126.390,97 euros, e conta coa colaboración dos servizos sociais de distintas entidades financieiras da vila que amosaron a súa vontade de colaborar no proxecto. Estímase que a obra estará rematada no próximo mes de xaneiro do ano 2018.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac