Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A XII Feira do Viño de Monterrei revalida as cifras de anos anteriores
A XII Feira do Viño de Monterrei revalida as cifras de anos anteriores PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Agosto 2017 12:34

A Feira do Viño de Monterrei clausurou a súa duodécima edición cunhas cifras satisfactorias, que revalidan as obtidas na pasada edición na que esta celebración atraeu a máis de 20.000 visitantes.

Segundo indica a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, "volveu a ser unha cita multitudinaria, na que se mostrou a unión de todos os entes que forman parte dela: adegas, viticultores, concellos, sector gastronómico e o propio Consello Regulador".

Ao longo das tres xornadas, todas as actividades culturais, deportivas e musicais paralelas constituíron un complemento crave a esta celebración vitivinícola, na que participaron 15 adegas inscritas na denominación (Abeledos, Boo Rivero -Fragas do Lecer-, Daniel Fernández, Franco Basalo, Gargalo, Ladairo, Pazo Branco Núñez -Tapias Mariñán-, Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Trasdovento, Triay, Valderello, Vía Arxéntea e Viños Lara).

Lara Da Silva quere agradecer a todas as adegas participantes a súa implicación, así como ás entidades colaboradoras, principalmente ao Concello de Verín como coorganizadora da mesma, xa "sen o seu apoio, non se logrou cumprir o obxectivo de atraer ata Verín a miles de visitantes".

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac