Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Extruga Street: primeiro festival urbano en Verín
Extruga Street: primeiro festival urbano en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Agosto 2017 10:19

A.C. LongoDub, en colaboración co Concello de Verín, presentan Extruga Street, un evento de carácter urbano que engloba deporte, música e arte, situado no espazo deportivo inaugurado recentemente na localidade, o Skate Park.

O festival, completamente gratuíto, terá lugar o día 1 ao 2 de setembro. O obxectivo principal do evento é divulgar as alternativas deportivas, artísticas, laborais, etc. propias da cultura urbana, á vez que involucrar á veciñanza no que será o primeiro festival urbano da comarca.


Dentro das actividades programadas para o evento é posible diferenciar varios tipos:

  • Actividades culturais: durante a tarde-noite do venres proxectarase un documental que narra os inicios do monopatín en España, cedido pola marca téxtil Vans. Doutra banda, o público poderá visionar unha pequena entrevista onde se explica o labor da asociación Megabi Skate, dedicada a recoller material de skateboarding por todo o mundo co obxectivo de levalo a Etiopía e promover alí ese deporte.
  • Actividades deportivas: a asociación compostelá Vella escola montará a súa “parkour móbil” o sábado pola mañá, onde poderemos gozar dunha exhibición desta e dun taller sobre esta disciplina. Ademais, será posible facer uso do “parkour móbil”, sempre baixo supervisión dos monitores de Vella escola. Por a tarde, o público asistente gozará das exhibicións de dous profesionais do skate e do equipo salmantino de Bmx e Trial Showriders.
  • Concertos: desde as 20:30 do sábado ata as 03:00 haberá diversas actuacións totalmente gratuítas. O maior atractivo a nivel musical é o concerto de Iseo e Dodosound ademais da actuación dos produtores vascos Revolutionary Brothers con Sista Eider e Gustav, un novo formato que os irmáns traen por primeira vez a Galicia.

 

 

PROGRAMA:

Venres

Salón de actos da Casa da Cultura (R/ Irmáns La Salle, S/N)

22:00 - Proxección documentais

Sábado

Skate Park de Verín (entre R/ Canella Cega e R/ San Antón)

12:00 -14:00 Taller parkour + exhibición

12:00 – 14:00 Taller de graffiti

12:00 – 14:00 Patina libre (Regalos)

14:00- Parada para comer

17:30 – 18:30 Exhibición skate

18:30 – 19:30 Exhibición BMX

19:30 – 20:00 Exhibición beatbox

20:00 – 20:30 Sorteos + entrega de premios

20:30 – Concerto Spree (Verín)

20:45 – Concerto Dankhe (Verín)

21:00 – Concerto Z.o.U (Verín)

21:15 – Concerto Real la clicka (Pontevedra)

21:40 – Concerto acústico Nerea e Aitor (Verín)

22:30 – Concerto Rap a golpe de beatbox (Santiago)

23:30 – Concerto Iseo e Dodosound (Navarra)

01:00 – Concerto R. Bross feat. Sista Eider e Gustav (Euskadi)

 

Iseo e Dodosound

A parella navarra demostrou o seu nivel hai dous anos cun debut que os colocou nun mapa tan preto do roots como das músicas negras como o soul ou o R&B, pero chiscando un ollo ás músicas urbanas máis en boga e ao pop alternativo. Agora publican Roots is in the Air, sendo un dos últimos fenómenos virais do circuíto independente.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac