Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar O programa “Kero Verán” clausura a tempada cunha visita didáctica a Allariz
O programa “Kero Verán” clausura a tempada cunha visita didáctica a Allariz PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Setembro 2017 11:06

O pasado día 1 de setembro, trinta e dous menores participaron xunto coas súas nais e pais na viaxe didáctica de fin da actividade do “Kero Verán” a Allariz que consistiu na visita, pola mañá, do Ecoespazo “O Rexo” e, pola tarde, da Hípica.

No Ecoespazo “O Rexo” as familias disfrutaron da harmonización da natureza (árbores, pedras, terra, auga…) coa contribución de materiais reutilizados e presentes na cultura galega: granito e lousa, transformándoa nun espazo único construído de modo integral utilizando enerxías renovables. “O Rexo” é un icono cultural e educacional divertido, cunha mensaxe clara; o desenvolvemento das persoas e o disfrute do medio natural son compatibles. As familias puideron comprobar no Ecoespazo a intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite que produce queixo de ovella e viron como se fai o queixo. Foi unha mañá de convivencia familiar e de aprendizaxe e diversión.

O mediodía, as familias disfrutaron da zona fluvial de Allariz e compartiron o xantar entre todos en medio da natureza. Xa pola tarde, as familias e os menores tiveron un contacto directo cos animais da Hípica de Allariz, para que se familiarizaran e relaxaran co seu bo trato.

KERO VERÁN

O programa “Kero Verán”, no que participaron cincuenta menores, está destinado á realización de actividades e xogos educativos para que se relacionen e divirtan aprendendo entre si. Devandito espazo, antesala de entrada ó centro educativo, e unha aula de convivencia na que compartir experiencias cotiás e onde potenciar actitudes como a cooperación, a igualdade, a autonomía e a creatividade.

O “Kero Verán” enmárcase dentro do “Kero Kolo” levado a cabo dende hai xa cinco anos durante todo o ano lectivo. No ano 2014 foi premiado por UNICEF como proxecto a favor da infancia no que a familia en conxunto aprende a relacionarse con apoio de profesionais sociais e da educación.

Devandita iniciativa, organizada pola Escola de Familia do Concello de Verín esta copatrocinada pola Deputación de Ourense a través do programa “BenOurense Infancia”.

 

 

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28