Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar O Servizo de conciliación “Érguete” comeza no CEIP Princesa de España de Verín.
O Servizo de conciliación “Érguete” comeza no CEIP Princesa de España de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Setembro 2017 09:20

O servizo “ÉRGUETE” do Concello de Verín, que se oferta dende o vindeiro 11 de setembro,  desenrolase dende inicio de curso escolar ata o remate do mesmo no mes de xuño.

É un programa de conciliación que ten por finalidade que os/as menores estean atendidos/as por coidadores/as profesionais no espazo temporal que transcorre dende que as nais e os pais comezan a súa xornada laboral, ata o comezo do horario escolar por parte dos menores.

Devandita iniciativa persigue a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias dos participantes, xa quen en moitos casos non poderían acudir o seu posto de traballo o non ter outro recurso que poida cubrir dita necesidade.

Este servizo préstase de momento exclusivamente no CEIP Princesa de España, un centro público que acolle a un 45% de menores de etnia xitana, familias numerosas que se dedican a venda ambulante polas distintas localidades da provincia, tamén é un centro onde existen bastantes casos de Servizos Sociais e de Educación Familiar, é o único centro escolar público que oferta comedor escolar e ao ter horario partido facilita que moitas nais/pais poidan traballar.

Foi unha demanda exposta  por moitas familias de orixe inmigrante que tampouco teñen apoios familiares para conciliar, e a poboación de etnia xitana tamén o demandou no Programa de Integración Xitano que existe no Concello de Verín que ten moitos menores supervisados dende Educación Escolar para evitar o absentismo escolar e traballar mellor a integración escolar, familiar e social, que é o que se pretende tamén con este servizo de conciliación que non exista absentismo nin abandono prematuro da escola.

Información e inscrición:

Educación Familiar – Servicios Sociais

Casa da Xuventude, Avda. Portugal 11 Bis, Verín

988414776 – Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28