Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mostra “Expoarte 2017” na Sala de Exposicións de Verín
Mostra “Expoarte 2017” na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Setembro 2017 10:27

O vindeiro martes 12 de setembro, ás 19:00 horas, inaugúrase na Sala de Exposicións de Verín a mostra “Expoarte 2017”, que estará aberta ao público ata o 30 de setembro.

A mostra 'Expoarte 2017' presenta traballos realizados no curso 2016-2017 nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. As especialidades que ofrecen as Aulas de Especialización son Cerámica, Pintura (Debuxo, Óleo, Acrílico e Pastel) e Talla en Madeira. Os traballos que se expoñen foron seleccionados polo alumnado.


As Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín tratan de cubrir un dobre obxectivo. A maioría do alumnado accede ao centro buscando o uso creativo do tempo de lecer.  Algúns dos participantes nas actividades pretenden a capacitación profesional. Estes alumnos poden acceder ao Carné de Artesán, despois de catro anos de formación no centro. As clases na Escola de Artes e Oficios de Verín impártense, en horarios que tratan de ser accesíbeis á demanda dos usuarios, entre a segunda quincena de setembro e a primeira de xuño.

Para o curso 2017-2018, que comezará o vindeiro 19 de setembro, está aberto o prazo para a reserva de postos escolares.

Sala de Exposicións de Verín. Horarios: luns a venres, 17:30 h a 20:30 h; sábados, 17:30 h a 20:00 h.

 




Guía da Comarca de Verín