Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Regresa a maxia do Cinema a Verín
Regresa a maxia do Cinema a Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Setembro 2017 10:49

O vindeiro 15 de setembro volve o Cinema municipal ao Salón Actos da Casa da Cultura de Verín. Tras a pausa vacacional estival, o cinema comercial regresa á vila coa proxección das películas, “Tadeo Jones 2. El secreto del rey Midas” e “Transformers, El Último Caballero”, os días 15, 16 e 17 de setembro;  e  “Kingsman. El círculo de oro” os días 22, 23, e 24 do mesmo mes.








  • 15-09-17: TRANSFORMERS. EL ÚLTIMO CABALLERO: 21:30 h

  • 16-09-17: TADEO JONES 2: 17:00  e 19:15 h

                             TRANSFORMERS. EL ÚLTIMO CABALLERO: 21:30 h

  • 17-09-17: TADEO JONES 2: 17:00  e 19:15 h

                             TRANSFORMERS. EL ÚLTIMO CABALLERO: 19:00 e 21:30 h

  • 22-09-17: KINGSMAN. EL CÍRCULO DE ORO: 19:30  e 22:30 h
  • 23/24-09-17: KINGSMAN. EL CÍRCULO DE ORO:  16:30, 19:30  e 22:30 h

 Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

TADEO JONES 2. EL SECRETO DEL REY MIDAS (APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS, 81’)

Tadeo Jones viaxa ata As Veigas para asistir á presentación do último descubrimento da arqueóloga Sara Lavroff: o papiro que demostra a existencia do Colar de Midas, o mítico Rey que convertía en ouro todo aquilo que tocaba. Pero o feliz reencontro verase enturbado cando un malvado ricachón secuestra a Sara para poder atopar o talismán e conseguir riquezas infinitas. Xunto aos seus amigos o papagaio Belzoni e o seu can Jeff, Tadeo terá que facer uso do seu enxeño para rescatar a Sara, nunha viaxe por medio mundo, onde atopará novos amigos e novos viláns! (FILMAFFINITY)

TRANSFORMERS. EL ÚLTIMO CABALLERO (NRM 12 ANOS, 150’)

Dúas especies en guerra: unha de carne e óso, a outra de metal. O Último Cabaleiro rompe co mito orixinal da franquía de Transformers e redefine o que significa ser un heroe. Humanos e Transformers están en guerra e Optimus Prime foise. A chave para salvar o noso futuro está enterrada nos segredos do pasado, na historia oculta dos Transformers na Terra. Salvar ao noso mundo está en mans dunha alianza única: Cade Yeager (Mark Wahlberg); Bumblebee; un Lord Inglés (Sir Anthony Hopkins); e unha profesora da Universidade de Oxford (Laura Haddock). Hai un momento na vida de todo ser humano na que recibimos o chamado para facer a diferenza. En Transformers: No Último Cabaleiro os perseguidos converteranse en heroes; os heroes converteranse en viláns e só un mundo sobrevivirá: o deles ou o noso. Quinta película de Transformers dirixida por Michael Bay. (FILMAFFINITY)

KINGSMAN. EL CÍRCULO DE ORO (Pendente de calificación, 140’)

Prodúcese un ataque contra o cuartel xeral de Kingsman e aparece un novo vilán. Eggsy e Merlin teñen que colaborar coa axencia norteamericana para salvar ao mundo. (FILMAFFINITY)

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac