Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Festa de disfraces para clausurar a ludoteca de verán campamento urbano 2017
Festa de disfraces para clausurar a ludoteca de verán campamento urbano 2017 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Setembro 2017 13:13

Hoxe rematou o servizo da Ludoteca de verán-campamento urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Esta iniciativa, que comezou o 26 de xuño e na que participaron 237 menores con idades comprendidas entre 3 e 13 anos, ten por obxecto conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores.

Para clausurar este verán tan especial, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces no CEIP Princesa de España. Todo un espectáculo de cores, amenizado por unha discomóbil que rematou cunha comida para todos/as os/as asistentes.

Este servizo ofrecese, segundo as necesidades dos proxenitores, de luns a venres en tres horarios diferentes e a elixir: servizo por quincenas, metade ou completo. Obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, repostería e cociña, piragüismo, recortables, xogo libre, educamóbil, rutas de sendeirismo ou acampada nocturna, foron algunhas das actividades nas que  participaron os/as cativos/as. Ademais, durante os meses de xullo e agosto programáronse iniciativas dedicadas a diferentes temáticas como, festa rockeira, día do sombreiro, día do avó, San Fermín e o chupinazo, festa da Batucada, Dia de Galicia, actividades coa Cruz Vermella, etc.

 




Guía da Comarca de Verín