Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín celebra a súa terceira feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval na Praza Maior
Verín celebra a súa terceira feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval na Praza Maior PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Setembro 2017 12:03

Esta mañá, a concelleira de Turismo de Verín, Purificación Caldelas, e o Director de Adiccag  (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá), Pablo Casanova, presentaron na casa consistorial o programa da III Feira da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval, organizado por Adiccag en colaboración co Concello, que se celebrará en Verín os días 15, 16 e 17 de setembro na Praza Maior verinesa.

Purificación Caldelas explicou que desde a área de Turismo faise unha firme aposta por consolidar esta iniciativa xa que, “ademais do importante labor de promoción gastronómica que realiza Adiccag da cervexa artesá, cremos que esta feira é tamén unha excelente oportunidade para poñer en valor os nosos produtos artesanais e dinamizar o comercio local”.

Pola súa banda, o director de Adiccag explicou que na feira estarán presentes seis fabricantes de cervexa artesá: Cervexa Monte Rei (Verín), Cervexa O Corvo (Vilanova De Arousa), Cervexa Celebridade Galega (Verín), Cervexa Chopps (Laza), Cervexa La Siberia ( Extremadura) e Cervexa La Verbena (Valdemoro-Madrid).

Casanova quixo facer especial fincapé en que o festival contará con numerosos postos de artesanía medieval “entre os que haberá artesáns da comarca de Verín” e tamén con varios stands de comida variados “como pode ser polbo, mexillóns, empanada ou diversos productos ecolóxicos”. En canto ás actuacións musicais, Dj “Crossfighter” amenizará a xornada do sábado 16, a partir das 20:00 horas; e o “Grupo Samba”, poñerá o broche musical o domingo 17, a partir das 19:00 horas.

A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a cana. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda. Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta con 8 espazos que irá cubrindo cos selos dos seis fabricantes cervexeiros. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta e, o domingo o terminar a actuación musical, realizarase un sorteo entre todos os participantes que achan completado o cartón no que se lle entregarán 8 packs de cervexa. Tamén se sortearán multitude de sobres con ordes de compra achegados polos comercios de Verín doados os establecementos de Verín.

 

HORARIOS

Venres 15

17:00 h: Apertura dos stands de cervexa e artesanía.

19:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.

Sábado  16

11:00 h: Apertura dos stands de cervexa e artesanía.

12:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos  postos gastronómicos.

17:00 h: Curso de elaboración de cervexa artesá impartido por “Cervexa A Verbena” (gratuíto).

19:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.

20:00 h: Animación musical a cargo do dj "Crossfighter".

Domingo 17

11:00 h: Apertura das stands de cervexa e artesanía.

12:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.

19:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.

19:00 h: Animación musical a cargo do “Grupo Samba”.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac