Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas América Latina e Europa danse cita na sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Verín-Chaves
América Latina e Europa danse cita na sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Verín-Chaves PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Setembro 2017 12:16

O pasado venres 8 de setembro, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT)  Verín-Chaves, xunto coa Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), organizaron unha visita de estudo dirixida a empresarios e institucións públicas brasileiras e arxentinas.  No acto, que tivo lugar na sede da , analizáronse os proxectos de cooperación transfronteiriza desenvolvidos pola institución durante os últimos 10 anos, entre os que se atopan o prestixioso proxecto "" premiado en 2015 co premio Rexio Star ao mellor proxecto Europeo en cooperación transfronteiriza.

A delegación arxentina-brasileira presente no acto, composta -entre outros- polo coordinador do Proxecto Global da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas, José María Cruz, o vicepresidente da Confederación de Industrias de Brasil e o director do Servizo de Apoio á PEME do Estado de Paraná, foi recibida na sede da  polo Secretario Executivo da AECT, Pablo Rivera.

Esta visita de estudo (na que se presentaron os resultados do proxecto de desenvolvemento "Fronteiras Cooperativas", como servizo transfronteirizo de apoio ás PEMES na provincia de Paraná -Brasil-, na súa fronteira con Arxentina) tivo como principal obxectivo o intercambio de experiencias e boas prácticas en innovación e desenvolvemento territorial e a procura do establecemento de relacións institucionais e comerciais a ambos os dous lados do Atlántico. Na mesma, estreitáronse relacións de cooperación e serviu para diagnosticar oportunidades de participación en proxectos conxuntos financiados polo Programa América Latina - Unión Europea da Comisión Europea.

Desde a AECT (Institución Transfronteiriza integrada polos municipios de Verín en España e Chaves en Portugal), están convencidos do potencial que presenta o intercambio de experiencias con América Latina, polo que se terá en conta para toma de decisión da Asemblea Xeral da institución incluír este campo de acción como un dos seus obxectivos estratéxicos da cooperación transnacional.


 




Guía da Comarca de Verín