Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O alcalde de Verín presentou a recuperación da fonte de Caldeliñas ante a prensa termal internacional
O alcalde de Verín presentou a recuperación da fonte de Caldeliñas ante a prensa termal internacional PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Setembro 2017 15:58

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, presentou esta tarde en Termatalia a recuperación da fonte tradicional de Caldeliñas ante a prensa internacional. O rexedor destacou a preponderancia histórica das augas de Verín no mercado estatal, co trinomio Sousas-Fontenova-Cabreiroá, e a importancia histórica das de Caldeliñas, que chegaron a estar vinculadas coa Casa Real española.

En primeiro lugar, o alcalde destacou que as orixes dos aproveitamentos termais de Verín atópanse en Caldeliñas en en Sousas. “Caldeliñas é un topónimo funcional procedente do latín “calidae” e esta etimoloxía é a que nos indica que o nome se consolidou nalgún intre entre a chegada dos romanos e a alta Idade Media”.

Nembargantes, en base a un estudo documental encargado polo Concello e presentado onte no II Simposio Internacional de Termalismo, “agora sabemos que a primeira referencia escrita a Caldeliñas atópase nun documento da segunda metade do século XVI que se atopa no Arquivo de Simancas, no que se compensa ó Cabido ourensá por 737 maravedises polas rentas desde lugar”.

Finalmente, explicou Seoane, a irrupción dun emprendedor, Fernando Juan Debas et Dujant -nado o 31 de agosto de 1842 na rexión de Auvernia, en Francia- veu a mudalo todo, ó invertir a súa fortuna gañada como fotógrafo da Corte Real de Madrid nos balnearios de Sousas e Caldeliñas, e aproveitar os seus contactos na prensa para promocionar os balnearios de Verín, a imitación dos gustos imperantes en Europa.

“As augas de Caldeliñas son idóneas”, informou Seoane, “para restaurar o equilibrio dermatolóxico da pel, e así era recoñecido tradicionalmente ata o seu abandono nos anos 50 do século pasado”.

Agora, o Concello de Verín, de man da Universidade de Vigo/Campus da Auga, está a poñer en valor este recurso para recuperar unha parte esencial do termalismo en Monterrei, concluíu Seoane.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac