Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación da "Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)" na aula CeMIT de Verín
Presentación da "Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)" na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Setembro 2017 12:34

O vindeiro día 17 de outubro de 2017 (martes), ás 10:00 horas, a aula CeMIT de Verín acollerá a presentación, por vídeoconferencia, da “Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)” que terá lugar na aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela a presentación.

Este acto, que terá unha duración aproximada de 2 horas e un aforo máximo de 20 persoas, poderase seguir presencialmente ou ben a través de videoconferencia na aula CeMIT de Verín (Casa da Xuventude), sendo o único requisito para asistir o darse de alta como usuario/a da rede CeMIT e solicitar a inscrición neste evento, ben presencialmente na aula de interese ou a través de internet.

Esta presentación está dirixida fundamentalmente ao persoal municipal con competencias no ordenamento urbanístico (secretarios, arquitecto municipal, persoal de urbanismo ou obras, etc), así como aos instaladores, aos promotores e calquera persoal con interese nesta temática e contidos.

No ano 2016 a Xunta de Galicia aprobou o Decreto que establece novas obrigas para a construción de vivendas no referente ao Fogar Dixital. É preciso por tanto informar aos concellos e promotores sobre as obrigas normativas que deben cumprir neste ámbito e presentar ademais o Proxecto Tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital elaborado pola AETG que permitirá facilitar o cumprimento das mesmas.

Inscrición: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/22388

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac