Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 400 galegos poderán vivir unha experiencia en familia única con "Bancada Cabreiroá"
Máis de 400 galegos poderán vivir unha experiencia en familia única con "Bancada Cabreiroá" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Setembro 2017 20:33

Cabreiroá segue apostando pola súa vinculación cos principais equipos galegos e a súa proximidade cos consumidores máis pequenos con "Bancada Cabreiroá", unha nova iniciativa que permitirá ás familias galegas vivir unha experiencia deportiva única.

Para iso, a marca de auga galega contará cun espazo privilexiado nos recintos deportivos do Dépor, Celta, Lugo e Obradoiro que permitirá que os máis pequenos vivan o deporte coas súas familias dunha maneira moi especial.

Grazas a “Bancada Cabreiroá”, os nenos poderán, na súa primeira visita a un recinto deportivo, visitar os vestiarios, pisar o céspede, gozar dun encontro cos xogadores, recibir obsequios oficiais dos clubs e, o máis importante, vivir ese momento de asistir ao pavillón do seu equipo acompañado da súa familia, un recordo indeleble.

Algúns dos partidos que se poderán vivir con especial emoción grazas a Cabreiroá serán o Celta - Málaga, o Deportivo - F.C. Barcelona ou  Obradoiro - Valencia, entre outros.

Máis de 400 galegos poderán gozar desta exclusiva experiencia e agasallos oficiais dos seus clubs mediante unha mecánica promocional nos principais centros de alimentación de Galicia e tras a súa participación en www.bancadacabreiroa.es.

En palabras de David Fernández, Product Manager de Augas de Fillos de Rivera, "con Bancada Cabreiroá queremos achegar o deporte galego ás familias e que os máis pequenos poidan vivir unha experiencia única gozando dese momento inesquecible de asistir por primeira vez a un recinto deportivo acompañado dos seus pais, algo que forxa a nosa paixón por unhas cores para toda a vida."

Presentación en Verín

A iniciativa foi presentada onte pola tarde no Pavillón Municipal de Verín nun encontro moi especial entre os nenos das escolas deportivas do municipio e os xogadores Lucas Pérez, do Real Club Deportivo; Iago Aspas, do Real Club Celta de Vigo; Iriome González, do Club Deportivo Lugo; e Alberto Corbacho, do Monbus Obradoiro.

Durante o evento, os xogadores enfrontáronse ás preguntas dos máis pequenos e foron sorprendidos con vídeos de familiares cos que lembraron como se iniciaron no deporte e como foi a primeira vez que visitaron un recinto deportivo.

Ademais, houbo sorpresa tamén para os nenos xa que durante a presentación foron sorteadas as primeiras experiencias “Bancada Cabreiroá” que terán lugar nos partido que enfrontarán ao Celta co Atlético de Madrid, o 22 de outubro, e o Obradoiro coa Gran Canaria o 11 de novembro.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac