Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concello e Protección Civil presentan aos centros educativos da comarca de Verín o Programa educativo e de sensibilización da cidadanía “Proteduca”
Concello e Protección Civil presentan aos centros educativos da comarca de Verín o Programa educativo e de sensibilización da cidadanía “Proteduca” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Outubro 2017 10:54

Esta mañá, ás 11:00 horas, a sala de xuntas do Concello de Verín, acolleu unha reunión informativa na que Manuel Alfonso Araújo, Presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín e Cándida Couñago, concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil presentaron, por segundo ano consecutivo, o seu proxecto educativo “ProtEduca” ante representantes dos centros educativos da comarca.

“Proteduca” nace no ano 2016 coma un proxecto de educación e sensibilización da cidadanía ante situacións de emerxencia. Dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín consideran que é fundamental  dotar á poboación das habilidades  necesarias  para  actuar ante calquera posible situación de crise ou emerxencia. Deste xeito, Manuel Araujo explicou que é fundamental capacitar ás persoas nos procesos de toma de decisións enfocados a solucionar posibles  problemas e que sexan  individuos  críticos  e saiban  manter  a calma par a manexar situacións   de  estrés.  “Cambiar  as  reaccións   das  persoas   ante  o  xeito  de  actuar  nunha emerxencia  é tan sinxelo coma practicar; todos somos quen de actuar con serenidade ante unha situación de crise se temos interiorizados os pasos básicos que se deben dar”, explicou Alfonso Araujo.

Pola súa parte, Cándida Couñago quixo destacar que este proxecto busca dotar dun sistema docente ben organizado e estruturado á formación en emerxencias  que, actualmente, non  está incluída no  sistema  educativo español coma materia  curricular.  “Dende  o  noso  punto  de  vista  esta carencia formativa é  un  erro  xa  que  deixa  á  sociedade desprotexida  ante situacións  de crise.  Países  coma Australia,  USA,  Inglaterra,  Xapón  ou os países  nórdicos  levan  anos  contemplando  a formación  en emerxencias  coma unha materia fundamental na educación dos seus alumnos.” recalcou Couñago.

As sesións formativas serán desenvolvidas nos diferentes centros educativos, durante o ano académico 2017/2018, por voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Verín que, altruistamente,  participan en Protección Civil para dar apoio á poboación nas máis diversas situacións. Non sólo en emerxencias, senón tamén en eventos deportivos, culturais e lúdicos velando pola seguridade de participantes e asistentes. Os centros educativos interesados en participar neste proxecto deben inscribirse previamente no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 636483340.

Todos os voluntarios de Protección Civil Verín contan cunha formación xeral en emerxencias, necesaria  para  acceder  á  Agrupación.  Ademais,  os  voluntarios  realizan formación continua nas diversas áreas de emerxencia e seguridade, acudindo ós cursos impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública. Lumes, accidentes de tráfico, busca de persoas desaparecidas, asolagamentos, soporte vital básico, etc. Cada voluntario elixe a área na que se vai especializando, polo que na Agrupación contan cun amplo abano de coñecementos para ser capaces de responder e axudar ós nosos veciños nas máis diversas situacións de emerxencia.

#MiPasionEsTuSeguridad é  o  lema  que  une  a  todos  os  voluntarios  de  Protección  Civil; persoas que, desinteresadamente,  ofrecen o seu tempo libre para velar pola seguridade dos veciños da bisbarra e obtendo coma recompensa a satisfacción persoal de axudar ós demais.


TEMARIO PROTEDUCA: NIVEIS DE FORMACIÓN

BLOQUE DE CONTIDOS 1: Primeiros pasos en emerxencias

Cursos académicos: 3º Educación Infantil, 1º PRIMARIA, 2º PRIMARIA e 3º PRIMARIA. Duración: 30 – 45 minutos

Contidos:

1.   ¿ Que é unha emerxencia?

2.   Que podo facer: a quen chamar, o 112.

3.   Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e Posición Lateral de Seguridad (PLS):

Xogando a axudar!

 

BLOQUE DE CONTIDOS 2: EMERXENCIA! Ti podes axudar!

Cursos académicos: 5º E 6º de PRIMARIA, 1º e 2º da E.S.O. Duración: 50 minutos (1 clase)

Contidos:

1.   Tipos de emerxencia

2.   112, activación do sistema de emerxencias en Galicia, resto de España e Europa.

3.   Actuación ante unha emerxencia:

-          Protocolo P.A.S. ( Protexer, Alertar, Socorrer)

-          R.C.P. (Reanimación CardioPulmonar)

-          P.L.S. (Posición Lateral de Seguridade)

-          Manobra de Heimlich (actuación ante atragoamentos)

4.   Lume! Que facemos? Protocolos a seguir en incendios urbanos e forestais

5.   As   novas   tecnoloxías   nas   emerxencias:   o   uso   de   aplicación   móbiles   para   a xeolocalización (Alpify, Whatsapp).

 

BLOQUE DE CONTIDOS 3: EMERXENCIA! Formando parte da solución.

 Cursos académicos: 4º E.S.O. , 1º e 2º BACHARELATO. Duración: 110 minutos (2 clases consecutivas)

Contidos: 

1.   Actuación ante unha emerxencia: PRÁCTICAS e CASOS REAIS.

-          Protocolo P.A.S. ( Protexer, Alertar, Socorrer)

-          R.C.P. (Reanimación CardioPulmonar)

-          P.L.S. (Posición Lateral de Seguridade)

-          Manobra de Heimlich (actuación ante atragoamentos)

-          Mobilización e Inmobilización de vítimas.

2.   D.E.S.A. (Desfibrilador SemiAutomático).

3.   Está Petao! Concentración de Grandes Masas.

Nota: As clases serán impartidas nas aulas dos centros educativos. O número de alumnos  por sesión nunca superará os de unha clase do centro.

Sempre terá que estar presente na impartición da clase un membro do profesorado do centro educativo. Os/as voluntarios/as de Protección Civil nunca poderán estar sólos.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac