Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Contacontos e manualidades "Ti tamén chegarás a vello"
Contacontos e manualidades "Ti tamén chegarás a vello" PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Outubro 2017 14:57

O día 4 de Outubro, de 18:00 a 19:30 horas, a Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios e a Biblioteca Municipal de Verín, organizan, por quinto ano consecutivo, a actividade interxeracional que leva por título "Ti tamén chegarás a vello". Esta iniciativa, que ten como obxectivo de render unha homenaxe ós nosos maiores, consistirá na realización dunha manualidade conxunta (nenos e avós) e un contacontos posterior.

A actividade, que terá lugan na Biblioteca Municipal, está dirixida a 20 socios/as da Biblioteca e os seus correspondentes avós. Os interesados en inscribirse pderán inscribirse na propia Biblioteca, por teléfono (988.41.36.24) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

Precisamos estar a carón das persoas maiores para ter conciencia da súa valía, do seu esforzo diario no coidado dos cativos, o espírito altruísta na súa economía, o sacrificio en horas de axuda os seus pais e nais dependentes, en definitiva, son o engrenaxe vital no que se sustenta a "poboación activa". Por todos estes motivos e moitos máis, debémoslle dar unha visibilidade a todo ese esforzo e agradecer, aínda que sexa dun xeito sinxelo, a súa constancia.

Traballar arreo na procura dun cambio cultural e social cara os maiores da bisbarra de Verín é un dos obxectivos de éxito cara o futuro inmediato. A sociedade terá que por en valor a este colectivo como recurso humano activo e capaz porque así o está amosando a realidade cotiá.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac