Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio Municipal de Verín acolle a oitava edición do Festival de Teatro “Entreculturas”
O Auditorio Municipal de Verín acolle a oitava edición do Festival de Teatro “Entreculturas” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Outubro 2017 10:43

O Auditorio Municipal de Verín  acollerá, durante os meses de outubro e novembro, as representacións do 'VIII Festival de Teatro - Entreculturas” no que participarán grupos e compañías de teatro amateur galegos e portugueses.

O festival, que nesta edición fai unha clara aposta por os grupos de teatro locais,  está organizado pola “Asociación para la Cultura y el Ocio: La Caja de Pandora de Verín”, en colaboración do Concello de Verín. As oito funcións programadas no marco do 'VIII Festival de Teatro Entreculturas” comezarán ás 20:30 horas.

Para acceder a cada unha das representacións teatrais será necesario realizar unha achega de 3 euros que a asociación sen ánimo de lucro “La Caja de Pandora” destinará a sufragar o aloxamento e a manutención dos case 200 actores que participan no festival.

 PROGRAMACIÓN VIII FESTIVAL DE TEATRO ENTRECULTURAS

  • 12 DE OUTUBRO: “A ILLA MARELA” Teatro-Coles (Coles).
  • 13 DE OUTUBRO: “MUSICAL GREASE” IES Taboada Chivite (Ver haramela ON VOLVO A CASAAoa colaboracimbroín).
  • 14 DE OUTUBRO: “TARABELEANDO     CON MARIO” Silvardeiras Teatro (Allariz).
  • 21 DE OUTUBRO: “SGANARELLO O CORNUDO IMAXINARIO” Vai-Avante (Gondomar, Oporto. Pt.).
  • 22 DE OUTUBRO: “CAIXA PAZPALLO, CAIXA DO K...” Oreteiro (Ourense).
  • 27 DE OUTUBRO: “OBRAS: LISÍSTRATA/SINCERIDADE/CARTA DE AMOR A SARA/UNA CUESTIÓN DE AMOR/ UN BOCADILLO DE MIÚDOS” Tecedora de Soños (Verín).
  • 28 DE OUTUBRO: “A FARSA DE INÉS PEREIRA” Teatro Experimental de Barbadás.
  • 4 DE NOVEMBRO: “W.C. (O BAÑO)” La Caja de Pandora (Verín).
 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac