Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Municipios termais de toda Europa aplauden en Grecia as iniciativas da Eurociudad Chaves-Verín
Municipios termais de toda Europa aplauden en Grecia as iniciativas da Eurociudad Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Outubro 2017 14:50

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial   (AECT) Eurociudad Chaves-Verín, única Eurociudad de Europa cunha estratexia turística conxunta, presentou na Asemblea Anual da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) a súa carta de augas e guía de patrimonio balneario.

Os proxectos da AECT para a promoción do destino conxunto, implementados baixo a marca "Eurociudad da auga", están a ser apoiados pola EHTTA como "City lab" (cidade laboratorio) de iniciativas transfronteirizas co obxectivo de poder replicarse noutros territorios Europeos.

A asemblea tivo lugar no municipio Termal de Loutraki, berce histórico do Termalismo en Grecia que deu orixe á palabra Thermae. Entre as actividades organizadas destacan unha Nova edición de Cafés de Europa, concepto que renova os faladoiros intelectuais levados a cabo na cidade belga de Spa,. Este modelo vén sendo utilizado polos membros da asociación para reunir a expertos de Termalismo de todo o mundo e analizar os retos do sector para o futuro.

Ademais, a AECT, representada pola dirección técnica, participou de forma activa nas decisións da asemblea xeral da asociación e participou en varias reunións de traballo do  taskforce group (grupo técnico de estratexia europea) para avanzar novas candidaturas a fondos comunitarios.

A AECT é membro da asociación desde 2015 e vén participando en proxectos conxuntos de promoción dos diferentes destinos que forman parte do Itinerario cultural europeo de cidades Termais apoiado polo consello de Europa.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac