Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “O corazón das Médulas”, mostra fotográfica de Nica Mares, na Sala de Exposicións de Verín
“O corazón das Médulas”, mostra fotográfica de Nica Mares, na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Outubro 2017 00:00

Do 19 de outubro ao 15 de novembro, os castiñeiros (“a medula é o corazón das árbores e estas árbores son o corazón das Médulas”) son os protagonistas da mostra fotográfica de Nica Mares que se exhibirá na Sala de Exposicións de Verín. A mostra poderase visitar dos luns aos venres das 17 a 21 h, e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20:30 h.

As Médulas, na comarca leonesa do Bierzo, é un territorio coñecido, sobre todo, por albergar na época dos romanos unha explotación mineira de ouro, extraído polo sistema chamado “ruina montium”. Esta minería confírelle ao lugar o seu aspecto característico, cos farallóns de cor avermellada que o tipifican.

Nica Mares, nun traballo fotográfico realizado no outono de 2014, non tivo a intención de plasmar os picudos farallóns, nin as areas roxiñas, nin amosar unha visión xeral do Parque Cultural das Médulas (Ben de Interese Cultural, Monumento Natural, Patrimonio da Humanidade), senón resaltar as formas, texturas e cores dos numerosos castiñeiros que poboan o seu interior. Estas árbores centenarias, Patrimonio da Humanidade dentro do Patrimonio da Humanidade, no seu interior teñen a medula, protexida polas súas codias.

O autor

Nica Mares (Cualedro, 1970) é socio de AEFONA (Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza) e desenvolve o seu traballo fotográfico no ámbito do paisaxismo. Tralo seu paso pola Escola de Arte Antonio Faílde, realizou varios cursos específicos sobre composición e paisaxismo, impartidos por fotógrafos tan recoñecidos como José Benito Ruiz, Rosa Isabel Vázquez ou José Antonio Fernández. O corazón das Médulas e a súa primeira exposición individual.

Sala de Exposicións de Verín. Horarios: luns a venres, 17:00 h a 21:00 h; sábados, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 h a 20:30 h.



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac