Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas COMUNICADO: Loito oficial pola vaga de incendios que asolan Galicia
COMUNICADO: Loito oficial pola vaga de incendios que asolan Galicia PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Outubro 2017 12:29

Dende o Concello de Verín queremos expresar a nosa máis profunda consternación pola voraz vaga de incendios intencionados que están a asolar Galicia.

Tamén queremos trasladar a nosa solidariedade ás familias e amigos das vítimas mortais e o resto dos afectados, e transmitir o noso máis sincero agradecemento, apoio e admiración a todos os profesionais que neste mesmo momento loitan sen pausa contra o lume.

O Concello de Verín, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, únese tamén aos tres días de loito oficial decretados polo Consello da Xunta de Galicia. Durante este tempo, as bandeiras da casa consistorial ondearán a media hasta e colocarase unha pancarta co lema "Non máis lumes” na fachada da mesma.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac