Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín aprobará uns orzamentos cuns ingresos un 7,98% máis altos grazas á captación de novos recursos e á xestión directa dos servizos municipais
O Concello de Verín aprobará uns orzamentos cuns ingresos un 7,98% máis altos grazas á captación de novos recursos e á xestión directa dos servizos municipais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Outubro 2017 09:19

O Concello de Verín contará neste ano cuns “orzamentos bisagra” para poñer ó dia as contas municipais e aprobar antes de que remate o ano os de 2018, de cara a comezar o próximo ano cunha tramitación económica regularizada, tras o proceso de implantación da administración electrónica. O documento, que será levado nos próximos días á Comisión de Pleno, segundo informou o tenente de alcalde Diego Lourenzo, incrementa os ingresos nun 7.98%, acadando os 11.057.471,81 euros grazas aos novos recursos.

Segundo explicou Lourenzo, a xestión directa de novos servizos, como a ORA, e a boa xestión dos recursos son a clave para a boa situación dos ingresos municipais. “O presente Orzamento Xeral do Concello de Verín para 2017 é o documento  chave para actualizar e poñer o día as políticas orzamentarias desta institución,  que a partires de agora contará cunha estrutura e uns tempos racionalizados e  acordes coa estrutura de gasto e o calendario anual no termo municipal”, afirma o tenente de alcalde.


No capítulo de ingresos rexístrase un incremento do 7,98% grazas á recuperación  da actividade económica en Verín -o que aumenta os tributos nun 1,24% no caso  do IAE- así como ó notable aumento das transferencias de capital, derivadas da  boa xestión destes recursos e as actuacións e intercambios de xestión do Concello de Verín coas outras administracións do Estado, o que ven a concretarse nun  incremento do 190,77% nas transferencias de capital, explicou.

36.000 euros pola xestión directa da ORA

Como exemplo dos resultados que comezan a materializarse froito dun novo xeito  de xestión, está o apartado da ORA, que trala asunción do servizo por parte do Concello incrementa un 127,98% os seus ingresos, pasando dos 15.940 euros aos  36.340, nun claro referente do incremento nos haberes das arcas municipais con recursos propios.

Outro exemplo na mellora da captación de recursos é o das transferencias  correntes, que pasa dos 3.727.532 euros no 2016 aos 4.110.635 millóns de euros  2017, un 10,28% máis, grazas especialmente as aportación da empresa  Mercadona S.A. para o acondicionamento do coñecido como Parking Provisional Libre num. 3, que foi de 63.950 euros.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac