Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca Municipal de Verín organiza o ciclo de actividades “Heroes, Mitos e Deuses de Galicia”
A Biblioteca Municipal de Verín organiza o ciclo de actividades “Heroes, Mitos e Deuses de Galicia” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Outubro 2017 12:34

Entre o 30 de outubro e o 10 de novembro, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín  organiza, en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), o  ciclo temático "Heroes, Mitos e Deuses de Galicia".



As actividades programadas son as seguintes:

Exposición: “Unha viaxe á Galicia dos Tamaganos”: mostra elaborada Ex profeso por Paco Boluda e Xavier Bobillo para o ciclo temático da Biblioteca Municipal. Estará aberta ao público do  30 de outubro ao 10 de novembro.

2º Conferencia de Paco Boluda: “Tamagani, a Galicia que puido ser, e a que foi”: O 30 de outubro, ás 19:30 horas, Paco Boluda, escritor, ilustrador, historiador e restaurador do museo arqueolóxico, esbozará a través das súas obras -realizadas en exclusiva para a Biblioteca Municipal de Verín-  como eran aqueles habitantes das tribos da nosa comarca.

3º Conferencia “Heroes, Mitos e Deuses de Galicia”: O 31 de outubro, ás 19:30 horas, Miguel Losada, historiador, etnógrafo e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), ofrecerá aos asistentes unha visión sobre as crenzas dos antigos poboadores de Galicia.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse no teléfono 988 41 36 24, na web da Biblioteca, e no perfil da mesma en Facebook.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac