Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “La Lego Ninjaco Película” e “Annabelle Creation” no cinema municipal de Verín
“La Lego Ninjaco Película” e “Annabelle Creation” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Outubro 2017 20:08

Os días 3, 4 e 5 de novembro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “La Lego Ninjaco Película” e “Annabelle Creation” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

03-11-17:

ANNABELLE CREATION: 19:15 e 22:00 h

04-11-17:

LEGO NINJACO: 17:00 h

ANNABELLE CREATION: 19:15 e 22:00 h

05-11-17:

LEGO NINJACO: 17:00 h

ANNABELLE CREATION: 19:15 e 22:00 h

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).


LA LEGO NINJACO PELÍCULA. APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS, 101’

Ninjago estivo en paz desde que os ninjas venceron a Ronin, con todo, cando un desaparecido señor da guerra volve para reclamar a pedra dos elementos, os ninjas terán que xuntarse con Sensei, Samurai, dragones e loitadores elementais para loitar contra os bruxos, guerreiros pantasma e a misteriosa liga dos ninjas silenciosos. (FILMAFFINITY)

ANABELLE CREATION. NRM 16 ANOS, 110’

Varios anos despois do tráxico falecemento da súa filla, un fabricante de xoguetes que crea bonecas e a súa muller, acollen na súa casa a unha monxa enfermeira e a un grupo de nenas, tratando de converter a súa casa nun acolledor orfanato. Con todo, os novos inquilinos converteranse no obxectivo de Annabelle, unha boneca posuída por un ser demoníaco. Secuela de "Annabelle" (2014). (FILMAFFINITY)

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac