Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Festival Internacional de Curtas de Verín volverá contar con estudantes da Universidade de Santiago como voluntarios
O Festival Internacional de Curtas de Verín volverá contar con estudantes da Universidade de Santiago como voluntarios PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Novembro 2017 13:31

O Festival de Curtas de Verín (FIC) volverá contar para a súa vindeira edición con voluntarios dos graos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Estes alumnos realizarán tarefas de prensa, xestión de redes sociales, realización e produción audiovisual durante o evento.

O Concello de Verín renovará o convenio asinado o ano pasado co Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC para contar coa participación de estudiantes voluntarios na organización do certame, que procederándo grao de Comunicación Audiovisual.


“Este convenio supón unha oportunidade de voluntariado enfocada á vida profesional destes estudantes, que terán a oportunidade de traballar man con man con expertos do sector e participar activamente e in situ na produción integral dun evento internacional como é o Festival de Curtas de Verín”, destaca Carlos Montero, director do certame.

Como inscribirse

Os interesados en formar parte da preproducción e do desenvolvemento do Festival como voluntarios teñen que ser maiores de 18 anos e poden enviar xa a súa solicitude á organización, mediante o cuestionario que poden descargar na páxina web do FIC (http://ficviaxiv.com/voluntarios-gl/) a través do seguinte enlace: https://goo.gl/forms/5N147pk8J5N78heS2

Para ser partícipe e colaborar nesta edición do Festival de Curtametraxes non é necesario ningún tipo de requisito, nin ter experiencia previa, tan só ser unha persoa predisposta e amante do cinema que queira colaborar de xeito altruista.

Os voluntarios obterán un diploma de recoñecemento por participar na organización do certame, que se desenvolverá en Verín entre o 1 e o 10 de decembro.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac